Abrir o menú principal

John Quentin Hejduk, nado o 19 de xullo de 1929 en Nova York e finado o 3 de xullo de 2000 ibídem, foi un arquitecto e profesor estadounidense.

John Quentin Hejduk
HejdukPrague1991.jpg
Hejduk en Praga en 1991.
Nacemento19 de xullo de 1929,
 Nova York.
Falecemento3 de xullo de 2000,
 Nova York.
Obras destacadasLa Máscara de la Medusa.[1]
Premios
  • National Endowment for the Arts, 1972.
  • Duke Foundation, 1973.
  • editar datos en Wikidata ]

    Índice

    TraxectoriaEditar

    Estudou na Cooper Union for the Advancement of Science and Art de Nova York dende 1947 ata 1950 e na Universidade de Cincinnati, Ohio, dende o 50 ata o 52. En 1953 Obtivo a mestría na Harvard University's Graduate School of Design. No ano 1954 consegue a bolsa Fulbright que lle permite asistir as clases de Pier Luigi Nervi en Roma.

    Foi docente da Universidade de Texas, en Austin, para logo volver a N.Y. en 1956. Comezou a ensinar en 1964 na Cooper Union, da que foi reitor dende 1975 ata a súa xubilación no ano 2000.

    Integrou, xunto con Eisenman, Meier, Graves e Gwathmey, o grupo Os cinco de Nova York (ou Os Brancos, pola cor predominante nas súas obras), sendo el o máis vangardista de todos eles, tomando a obra de Theo van Doesburg como inspiración.[2]

    A maior parte do seu traballo foi teórico, baixo a forma de complexos debuxos poéticos. Eses deseños foron recollidos en máis de vinte libros.

    Cultivou a poesía, publicando, entre outros poemarios, Such Places As Memory: Poems 1953-1996.[3]

    En 1979 foi designado membro do Instituto Americano de Arquitectura.

    Hejduk en GaliciaEditar

    En Galicia existen dúas obras do arquitecto, O Centro Sociocultural da Trisca e as Torres Hejduk en Santiago de Compostela. Hejduk non chegou a rematadas ningunha das dúas. O edificio da Trisca foi inaugurado no ano 2003. Por outra banda as torres que levan o seu nome e que agora están situadas na Cidade da Cultura foron deseñadas nos primeiros anos noventa para ser situadas no parque de Belvís, alí a torre acristalada tería función de invernadoiro e a de pedra sería un espazo multiusos, pero pouco antes de que se construiran cancelouse o proxecto ao considerarse moi agresivas coa contorna da cidade vella. Deste xeito as torres parmaneceron esquencidas ata que no ano 2000 o seu colega Peter Eisenman gaña o concurso para a construción da Cidade da Cultura e como homenaxe póstumo ó seu compañeiro decide incorporar as torres o proxecto do monte Gaias, inaugurado no 2011[4].

    Galería de imaxesEditar

    Obras de Hejduk
    Berlín, 1988. 
    Torres Hejduk, Cidade da Cultura. Santiago de Compostela. 

    NotasEditar

    1. La Máscara de la Medusa, Buenos Aires, 1998 Fundación Proa.
    2. Artigo Richard Meier da Microsoft Encarta 2009 Biblioteca Premium.
    3. Places As Memory: Poems 1953-1996 vista previa en Google Books.
    4. "Torres Hejduk e contorna | Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2017-04-01. 

    Véxase taménEditar

    BibliografíaEditar

    Outros artigosEditar

    Ligazóns externasEditar