Pedroso, Rodeiro

parroquia civil do concello de Rodeiro

San Xiao de Pedroso é unha parroquia que se localiza no occidente do concello de Rodeiro. Segundo o INE en 2010 tiña 113 habitantes (60 mulleres e 53 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 146 habitantes.

Pedroso
Igrexa de San Xiao de Pedroso.
ConcelloRodeiro[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°41′05″N 7°59′52″O / 42.6847651, -7.99769229Coordenadas: 42°41′05″N 7°59′52″O / 42.6847651, -7.99769229
Poboación91 hab. (2017)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Nesta parroquia naceu o aviador Gumersindo Areán Rodríguez

Economía editar

Nesta parroquia a actividade principal é a gandaría e a agricultura, dela viven case a totalidade dos veciños que están en activo. Existía a tradición da extracción de pedra das súas canteiras. Na actualidade hai cinco canteiras abertas nas que se extrae unha pedra de gran calidade, por formar bloques sen fendas.

Patrimonio editar

Habitada desde a antigüidade, hai restos dun castro e varias mámoas, consérvase unha ponte do século XII sobre o río Arnego, a Ponte de Pedroso. A igrexa parroquial construíuse entre os séculos XII e XIII, con nave e ábsida rectangular.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Pedroso editar

Lugares da parroquia de Pedroso no concello de Rodeiro (Pontevedra)

A Eirexe | Laxas | Pazos | A Penela | A Ponte

Parroquias de Rodeiro editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Rodeiro

Álceme (Santa María) | Arnego (Santiago) | Camba (San Xoán) | Carboentes (Santo Estevo) | Fafián (Santiago) | Guillar (Santa María) | Negrelos (San Cibrao) | Pedroso (San Xiao) | A Portela (San Cristovo) | Río (Santa María) | Riobó (San Miguel) | Rodeiro (San Vicente) | O Salto (Santo Estevo) | San Cristovo do Az (San Cristovo) | San Martiño de Asperelo (San Martiño) | San Paio de Senra (San Paio) | San Salvador de Camba (San Salvador) | Santa Baia de Camba (Santa Baia) | Santa Mariña de Pescoso (Santa Mariña) | Vilela (Santa María)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar