Palacio de Mukden

O Palacio de Mukden (en chinés simplificado: 盛京宫殿; en chinés tradicional: 盛京宮殿; en pinyin: Shěngjīng Gōngdiàn) ou Shenyang Gugong (en chinés simplificado: 沈阳故宫; en chinés tradicional: 瀋陽故宮; en pinyin: Shěnyáng Gùgōng), tamén coñecido como Palacio Imperial de Shenyang. É o antigo Palacio Imperial da Dinastía Qing (1616-1910) da China. Atópase no centro da cidade de Shenyang, antiga Mukden, na rexión de Manchuria.

Palacios Imperiais das Dinastías Ming e Qing en Pequín e Shenyang
Galería Chongzheng, o edificio principal do Palacio de Mukden
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País China
Localización41°47′46″N 123°27′03″L / 41.796161, 123.450708
TipoCultural
CriteriosI, II, III, IV
Inscrición1987 (11ª sesión, extensión en 2004)
Rexión da UNESCOAsia e o Pacífico
Identificador439

No ano 2004, o palacio foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, como extensión dos Palacios Imperiais das Dinastías Ming e Qing en Pequín e Shenyang.

Historia editar

 
Mapa do Palacio de Mukden

A construción do palacio iniciouse en 1625, durante o reinado do fundador da Dinastía Qing, Nurhaci. No ano 1631 fóronse construíndo outros edificios por orde do Emperador Huang-Taiji. Os tres primeiros emperadores Quing viviron alí entre 1625 e 1644.

O Palacio de Mukden foi proxectado para asemellarse ás tendas do pobo manchú (大帐), á vez que a ampliación tiña a ambición de copiar a Cidade Prohibida de Pequín. No palacio son evidentes algúns elementos dos estilos arquitectónicos propios das poboacións de Manchuria e o Tíbet.

 
Galería Dazheng, o máis antigo edifício do Palacio de Mukden.

No ano 1644, cando a Dinastía Qing substituíu a Dinastía Ming en Pequín, o palacio perdeu o seu estatuto de residencia oficial, converténdose nun simple palacio rexional.

No ano 1780, o Emperador Qianlong mandou construír novos edificios, ampliando así o palacio.

Museo editar

No ano 1955, o Palacio de Mukden foi convertido nun museo co nome de Museo Palacio de Shenyang.

Galería de Imaxes do Palacio de Mukden editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar