O home tranquilo

filme de 1952 dirixido por John Ford

O home tranquilo (en inglés: The Quiet Man) é un filme estadounidense de 1952. O filme gañou dous premios Oscar, ao mellor director e á mellor fotografía en cor e tivo outras cinco candidaturas: mellor filme, mellor guión, mellor actor secundario (Victor McLaglen), mellor dirección artística e mellor son.[2][3]

O home tranquilo
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Quiet Man
DirectorJohn Ford
ProdutorJohn Ford
Merian C. Cooper
GuiónFrank S. Nugent
IntérpretesJohn Wayne
Maureen O'Hara
Barry Fitzgerald
Ward Bond
Victor McLaglen
MúsicaVictor Young
FotografíaWinton Hoch
MontaxeJack Murray
EstudioArgosy Pictures
DistribuidoraRepublic Pictures
Estrea21 de xullo de 1952
Duración129 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento1,75 millóns de dólares
Recadación3,2 millóns de dólares[1]
Na rede
IMDB: tt0045061 Filmaffinity: 856214 Allocine: 1147 Rottentomatoes: m/quiet_man Mojo: quietman Allmovie: v39907 TCM: 24069 Metacritic: movie/the-quiet-man TV.com: movies/the-quiet-man Netlix: 885436Editar o valor em Wikidata

En 2013 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.[4]

Foi emitido na TVG o 24 de maio de 1986.[5]

Argumento editar

 
Sean e Mary Kate

Sean Thornton (John Wayne) é un "home tranquilo e pacífico" que con trinta e tantos anos regresa á localidade de Innisfree, na súa Irlanda natal, de onde saíu con 12 anos cara aos Estados Unidos. Dáse de conta axiña de que a vida entre os habitantes de Innisfree non é tan idílica como espera, xa que o temperamento irlandés e as regras que rexen esa sociedade lle son descoñecidas. Ao chegar, decide mercar a súa casa natal e os terreos que a rodean, mais choca cos intereses de Willy Danaher, un matón temido no lugar. Asemade, Sean Thornton fíxase nunha fermosa mais borrascosa muller chamada Mary Kate (Maureen O'Hara), quen resulta ser irmá de Willy Danaher.

Elenco editar

  • John Wayne, como Sean Thornton
  • Maureen O'Hara, como Mary Kate Danaher
  • Barry Fitzgerald, como Michaleen Oge Flynn
  • Ward Bond, como pai Peter Lonergan
  • Victor McLaglen, como 'Red' Will Danaher
  • Mildred Natwick, como viúva Sarah Tillane
  • Francis Ford, como Dan Tobin
  • Eileen Crowe, como sra. Elizabeth Playfair
  • May Craig, como pescadora na estação
  • Arthur Shields, como rev. Playfair
  • Charles B. Fitzsimons, como Hugh Forbes
  • James O'Hara, como pai Paul
  • Sean McClory, como Owen Glynn
  • Jack MacGowran, como Ignatius Feeney
  • Joseph O'Dea, como Molouney
  • Eric Gorman, como Costello (maquinista)
  • Kevin Lawless, como foguista
  • Paddy O'Donnell, como xefe da estación
  • Ruth Clifford, como nai (sen acreditar)
  • Pat O'Malley,[6] como home no bar (sen acreditar)

O machismo en O home tranquilo editar

Contén unha escena que se recolle no estudo do machismo na historia do cinema.[7][8][9]

Notas editar

  1. 'Top Box-Office Hits of 1952', Variety, 7 de xaneiro de 1953.
  2. "The 25th Academy Awards (1953) Nominees and Winners". oscars.org (en inglés). 
  3. Crowther, Bosley (29 de marzo de 1953). "The 'Oscar' Awards; Showmanship Rather Than Artistry Reigned at the Academy Affair". The New York Times (en inglés). 
  4. "Library of Congress announces 2013 National Film Registry selections" (en inglés). Washington Post. 18 de decembro de 2013. Consultado o 18 de decembro de 2013. 
  5. La Voz de Galicia, 24 de maio de 1986. Páx. 63
  6. Pat O’Malley no IMDB
  7. "Hacia un cine performativo contra las violencias machistas". Agencia Comunicación y Género. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  8. "El machismo, bochornoso protagonista de la historia del cine". Euskal Irrati Telebista (en castelán). Consultado o 2020-05-19. 
  9. Torres, Salva (2013-07-10). "El hombre tranquilo, apuntes sobre la violencia". MAKMA (en castelán). Consultado o 2020-05-19. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar