Miguel III (839 - 867), "o Borracho", neto de Miguel II, sucedeu ao seu pai Teófilo como emperador bizantino cando só contaba con tres anos de idade en 842.

Infotaula de personaMiguel III

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(el) Μιχαήλ Γ΄ ο Μέθυσος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 840 Editar o valor em Wikidata
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Morte25 de setembro de 867 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja dos Santos Apóstolos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Emperador bizantino
842 – 867
← TeófiloBasilio I → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEmperador Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaAmorian dynasty (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeEudóxia Decapolitissa
FillosEstevão I de Constantinopla (pt) Traducir, León VI o Sabio Editar o valor em Wikidata
PaisTeófilo Editar o valor em Wikidata  e Teodora (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMaria (en) Traducir, Anastasia (en) Traducir e Constantino (filho de Teófilo) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Byzantium-14 Find a Grave: 37411650 Editar o valor em Wikidata

Durante a súa minoría, o Imperio foi gobernado pola súa nai Teodora, que malia as derrotas que sufriron os seus xenerais, conseguiu manter as fronteiras fronte aos musulmáns de Bagdad e Creta. A rexente fixo gala do seu celo relixioso restaurando a veneración das imaxes en 842 e perseguindo aos herexes bogomilos, pero descoidou completamente a educación do seu fillo. Por iso, Miguel converteuse nun neno consentido e caprichoso que caeu baixo a influencia do seu tío Bardas, o cal o induciu a recluír a Teodora nun convento, de modo que Bardas puido asumir o poder en 857.

Bardas, trala usurpación, introduciu varias reformas internas e nas guerras da época Miguel desempeñaría un papel máis activo. Durante o conflito cos musulmáns no Éufrates (856 - 863), o emperador tivo que facer fronte a unha derrota persoal en 860, que sería compensada por unha gran vitoria por parte do seu tío Petronas en Asia Menor. En 861, Miguel e Bardas invadiron Bulgaria e lograron a conversión do seu rei ao cristianismo.

No mar, o Imperio sufriu os ataques dos corsarios de Creta, e en 865 a primeira expedición de pillaxe dos rusos de Kíiv chegou a poñer en perigo o mesmo Bósforo. En 867 Miguel foi asasinado por Basilio o Macedonio, un antigo paxe que conseguira acabar coa influencia de Bardas e que en 866 fora asociado ao Imperio.

Véxase tamén editar

Imperio Bizantino

Segue a:
Teófilo
Miguel III
Precede a:
Basilio I
Dinastía Amoriana