Luis Jaime Salom Horrach, nado en Palma de Mallorca o 7 de agosto de 1991 e finado en Sant Cugat del Vallès o 3 de xuño de 2016[1], foi un piloto español de motociclismo de velocidade que corría en Moto2 no equipo SAG Racing Team desde o ano 2014 ata o seu falecemento.

Infotaula de personaLuis Salom

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Lluís Jaume Salom Horrach Editar o valor em Wikidata
7 de agosto de 1991 Editar o valor em Wikidata
Palma, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xuño de 2016 Editar o valor em Wikidata (24 anos)
Sant Cugat del Vallès, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteGrande Prêmio da Catalunha de 2016 (MotoGP) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata (Caída e colisão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motociclismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
DeporteMotociclismo de velocidade Editar o valor em Wikidata
Número deportivo39 Editar o valor em Wikidata

Facebook: luis.salomhorrach Twitter: luisSalom39 Instagram: luissalom39 Editar o valor em Wikidata

Era primo do piloto de Superbikes David Salom.

Traxectoria editar

Inicios editar

Nado en Palma de Mallorca, Salom comezou a correr en competicións desde os oito anos, gañando o campionato de 50cc en Supermotard.[2] Progresou ata chegar a campionatos de 125cc a partir de 2005 e convértese en campión durante dous anos consecutivos, antes de entrar no campionato CEV Buckler en 2007.

Na súa primeira tempada completa no campionato nacional de motociclismo, Salom terminou sétimo na serie, cun podio único en Cataluña. Tamén participou na Red Bull Rookies Cup en 2007. Nesa tempada obtivo o cuarto posto no campionato, grazas a unha vitoria en Assen e segundo posto en Xerez. El continuou en competición en 2008, onde gañou catro das cinco primeiras carreiras da tempada, para manter unha vantaxe de 13 puntos sobre o piloto JD Beach. Ao final terminou segundo detrás de Efrén Vázquez no campionato CEV Buckler.

Campionato mundial de 125 cc e Moto3 editar

Salom fixo o seu debut como comodín nun Gran Premio Español, terminou 23º.[3] Despois doutra aparición comodín en Cataluña, Salom trasladouse ao campionato cun equipo, en substitución de Simone Corsi no equipo WRB. En doce carreiras, Salom acumulou 21 puntos coa Aprilia, con sexto lugar en Donington Park sendo o seu mellor resultado.

Luís cambiou de equipo a Lambretta, para a tempada 2010[4], pero non estaba conforme con este equipo e cambiouse a Stipa-Molenaar Racing para o resto da tempada[5], na que engadiría 71 puntos á súa conta e terminou 12º no campionato.

Salom gañou o seu primeiro Gran Premio en Indianápolis en 2012, superando a Sandro Cortese e Maverick Viñales nunha pelexa na última volta. A tempada 2013 empezouna de forma maxistral, adxudicándose a primeira carreira do Mundial de Moto3 en Qatar o 7 de abril de 2013, por diante doutros 3 españois, Maverick Viñales, Álex Rins e Álex Márquez.

Salom acabou 3º no Mundial de Moto3 despois de chegar á última carreira do mundial no Circuíto Ricardo Tormo de Valencia con 2 puntos sobre o segundo clasificado Maverick Viñales e a 5 do terceiro Álex Rins con todo por disputarse nesta última carreira da tempada, xa que o gañador desta carreira se alzaria co título de Campión do Mundo de Moto3, pero a sorte non está de parte do novo piloto Mallorquino xa que no ecuador da carreira e despois dunha loita con Maverick Viñales foise ao chan, ao final o mundial de Moto3 acabaríallo levando Maverick Viñales despois do paso pola última curva onde Maverick Viñales e Álex Rins xogáronse o título. Nese mundial de Moto3 do 2013, Salom foi o piloto con máis vitorias.

Campionato mundial de Moto2 editar

Salom firmou un contrato con Pons Racing ata finais de 2015 onde correría co campión Maverick Viñales. Durante as carreiras en Qatar e Austin só conseguiu dous puntos. Durante o Gran Premio de Cataluña chocou con Jonas Folger, quedando os dous fóra da carreira. Salom foi trasladado ao hospital despois da carreira e foi operado dunha fractura no brazo dereito.

En 2016, Salom firmou por SAG Racing Team compartindo equipo con Jesko Raffin. En Qatar acabou na segunda posición. Nos segundos adestramentos libres do Gran Premio de Cataluña tivo un grave accidente na curva 12 e faleceu a consecuencia do choque.

Falecemento editar

Faleceu o 3 de xuño de 2016 aos 24 anos de idade no Circuíto de Barcelona-Catalunya onde sufriu un forte impacto contra a súa propia moto e as barreiras da curva 12 tras perder o control da mesma durante os adestramentos libres 2 do Gran Premio de Cataluña de Motociclismo. Os médicos tentaron reanimalo sobre a pista, e aínda que se barallou a súa evacuación do circuíto en helicóptero, finalmente non se levou a cabo debido ao seu delicado estado de saúde. Foi trasladado primeiro ao hospital do circuíto e desde alí ao Hospital General de Catalunya en Sant Cugat del Vallès en ambulancia, onde se someteu a unha cirurxía durante a cal entrou en parada e non foi posible reanimalo, falecendo finalmente ás 16:55h a causa do accidente.[6]

Palmarés editar

Tempada Categoría Moto Carreiras Vitorias Podios Poles V. rápidas Puntos Posición
2009 125cc Aprilia 12 0 0 0 0 21 22º
2010 125cc Aprilia 16 0 0 0 0 72 12º
2011 125cc Aprilia 15 0 2 0 0 116
2012 Moto3 KTM 17 2 8 0 1 214
2013 Moto3 KTM 17 7 12 4 5 302
2014 Moto2 Kalex 18 0 2 0 1 85
2015 Moto2 Kalex 17 0 0 0 0 80 13º
2016 Moto2 Kalex 6 0 1 0 0 37 10º
Total 113 9 25 4 7 910

Notas editar

  1. Molina, Fernando (2016-06-03). "Luis Salom falece tras un tráxico accidente en Montmeló". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2016. Consultado o 2016-06-03. 
  2. "#39 Luis Salom". Red Bull MotoGP Rookie Cup. Red Bull.  (en inglés)
  3. "Gran Premio bwin.com de España: 125cc Entry List" (PDF). motogp.com. Dorna Sports. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de agosto de 2016. Consultado o 04 de xuño de 2016.  (en inglés)
  4. "Entry list for 2010 125cc World Championship". motogp.com (Dorna Sports). 27 de enero de 2010. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2012.  (en inglés)
  5. "Monster Energy Grand Prix de France: 125cc Entry List" (PDF). motogp.com. Dorna Sports. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de agosto de 2016. Consultado o 04 de xuño de 2016.  (en inglés)
  6. Falece Luis Salom despois dun accidente no circuíto de Montmeló

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar