Lion Air

aeroliña de baixo custo indonesia

PT Lion Mentari Airlines, operando como Lion Air, é unha aeroliña de baixo custo indonesia. Baseada en Iacarta, Lion Air é a aeroliña privada máis grande do país e a segunda low-cost máis grande do sueste asiático. A compañía opera rutas domésticas e internacionais, conectando distintos destinos de Indonesia con Singapur, Filipinas, Malaisia, Tailandia, Australia, India e Arabia Saudita,[1] ademais de realizar voos chárter a China, Hong Kong, Corea do Sur e Macau, con máis de 630 voos por día.[2]

Lion Air
IATA
JT
OACI
LNI
Indicativo
LION INTER
Fundación19 de outubro de 1999
Inicio das operacións30 de xuño de 2000
Plan de voo frecuenteLion Passport
SubsidiariasBatik Air
Wings Air
Lion Bizjet
Malindo Air
Thai Lion Air
Frota111
Destinos126
HoldingLion Air Group
Eslogan da compañíaWe make people fly
SedeIacarta
Páxina web: http://lionair.co.id/

Creada en 1999, Lion Air tivo un gran crecemento nos últimos anos, mercando ao redor de 100 avións e cuns 250 pedidos. A aeroliña foi criticada por unha mala xestión operativa e áreas como programación e seguridade, aínda que se tomaron medidas para mellorar ese segundo aspecto. O 16 de xuño de 2016 a Unión Europea levantou a prohibición sobre a aeroliña para voar no espazo aéreo europeo.[3]

Boeing 737-900ER

Frota editar

 
Boeing 737-900ER

En abril de 2018 a frota de Lion Air estaba formada polos seguintes avións:[4]

Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Airbus A330-300 3 440
Boeing 737-800 34 3 189
Boeing 737-900ER 66 3 213 Os máis antigos van ser substituídos por Boeing 737 MAX.
Boeing 737 MAX 8 8 193 180 Os pedidos son tanto do MAX 8 como do 9.
Cliente de lanzamento do MAX 9.
Boeing 737 MAX 9 TBA
Boeing 737 MAX 10 50[5] TBA
Total 111 249

Notas editar

  1. "Airbus-Boeing battle shifts to Indonesia". Inquirer.net (en inglés). 24/3/2013. 
  2. "Lion Air runs charter flights from Batam to Busan, Incheon". The Jakarta Post. 1/1/2018. 
  3. "EU Lifts IranAir, Indonesia's Lion Air from Safety Blacklist". Jakarta Globe (en inglés). 16 de xuño de 2016. 
  4. "Lion Air Fleet Details and History". Planespotters.net (en inglés). Consultado o 11/2/2018. 
  5. "Lion Air Group Order 50 Units Boeing 737 MAX 10". Lion Air. 31/7/2017. Arquivado dende o orixinal o 10/05/2018. Consultado o 11/05/2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar