Ledesma, Boqueixón

parroquia civil do concello de Boqueixón

San Salvador de Ledesma é unha parroquia do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 282 habitantes (132 homes e 150 mulleres), distribuídos en oito entidades de poboación.

Ledesma
Capela de San Ramón de Ledesma.
ConcelloBoqueixón[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°47′49″N 8°20′23″O / 42.797, -8.3397Coordenadas: 42°47′49″N 8°20′23″O / 42.797, -8.3397
Poboación282 hab. (2013)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

O río Ulla nesta parroquia forma as Illas de Gres, un conxunto de catro insuas. Ademais das pontes (unha moderna e outra medieval) que cruzan o río, tamén se pode cambiar de banda do río a través das propias insuas. Dende a banda sur, onde está un dos bares máis frecuentados pola mocidade local, pódese chegar á insua máis grande, onde ademais está o campo da festa. A superficie desta insua está limpa de mato, agás nas beiras do río, onde se permitiron medrar as árbores e herba grosa. Ademais das instalacións montadas para as festas locais, esta insua conta cun palco permanente de cemento e tamén dunha escultura en honor do escritor Xosé Neira Vilas, natural de Gres (Vila de Cruces). Río arriba están as outras insuíñas, ás que se pode acceder dende esta primeira, sendo a última a chamada "Insua dos namorados" (por estaren máis recollidas), así coma tamén á outra banda do río grazas a uns pasais no medio da auga. Estas insuelas forman parte da cultura recreativa da poboación de Ponteledesma e de Gres, pois aí xúntanse os mozos e mozas para se bañaren en verán. A ponte medieval que lle dá nome ó lugar da Ponte está pechada ao tráfico rodado (agás motos) dende comezos do 2001 mediante uns fitos de pedra.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Ledesma editar

Lugares da parroquia de Ledesma no concello de Boqueixón (A Coruña)

A Baiuca | O Castro | Ledesma | O Monte | Noente | A Ponte | Vila | Vilar

Parroquias de Boqueixón editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Boqueixón

Boqueixón (San Vicente) | Codeso (Santaia) | Donas (San Pedro) | Gastrar (Santa Mariña) | A Granxa (San Lourenzo) | Lamas (Santa María) | Ledesma (San Salvador) | Lestedo (Santa María) | Loureda (San Pedro) | Oural (Santa María) | Pousada (San Lourenzo) | Sergude (San Breixo) | Sucira (Santa Mariña) | Vigo (Santa Baia)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar