Kimigayo (君が代?) é o himno nacional do Xapón. A súa letra é a máis antiga de entre os himnos nacionais do mundo, ademais dunha das máis curtas cunha lonxitude de 11 medidas e 32 caracteres. A súa letra procede dun poema waka escrito no período Heian (794–1185),[1] e a melodía adaptouse en 1880, substituíndo a outra melodía pouco popular composta once anos antes. Malia que o título "Kimigayo" adoita traducirse coma "O Reinado da súa Maxestade Imperial", non hai unha tradución oficial do título ou da letra establecida por lei.[2]

君が代
Kimigayo
En galego: O reinado da súa maxestade
Himno do Xapón
LetraPoema Waka
(Período Heian, 7941185)
MúsicaYoshiisa Oku, Akimori Hayashi e Franz Eckert
1880
Adoptado13 de agosto de 1999
Mostra da música
noicon

Dende 1888 ata 1945 "Kimigayo" serviu coma himno nacional do Imperio do Xapón. Trala disolución do imperio seguindo a súa rendición ó final da Segunda guerra mundial, o estado do Xapón sucedeuno en 1945. O emperador Hirohito permaneceu no trono, e "Kimigayo" mantívose coma o himno nacional de facto. Quedou recoñecido oficialmente por lei coma o himno nacional do país no ano 1999.

Notas editar

  1. "Japan – Kimigayo". NationalAnthems.me. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2011. Consultado o 28 de novembro de 2011. 
  2. "Elementary schools face new mandate: Patriotism, 'Kimigayo'". The Japan Times Online (Kyodo News). 29 de marzo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 20 de agosto de 2011. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.