Franco Columbu

actor e culturista italiano

Franco Columbu, nado en Ollolai, na provincia de Nuoro, o 7 de agosto de 1941, e finado en San Teodoro (Nuoro) o 30 de agosto de 2019, foi un culturista e actor[1] italiano. Gañou o título de Mr. Olympia en 1976 e 1981.

Infotaula de personaFranco Columbu

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Francesco Columbu Editar o valor em Wikidata
7 de agosto de 1941 Editar o valor em Wikidata
Ollolai, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte30 de agosto de 2019 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Olbia, Italia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Afogamento Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaOllolai (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Italia Editar o valor em Wikidata
EducaciónCleveland Chiropractic College (en) Traducir (–1977) Editar o valor em Wikidata
Altura165 cm Editar o valor em Wikidata
Peso84 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , director de cinema , produtor de cinema , halterófilo , quiroprata (pt) Traducir , powerlifter (en) Traducir , escritor , boxeador , guionista , culturista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1959 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua italiana e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
DeporteCulturismo
Boxeo
halterofilia Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0173372 Allocine: 85448 Allmovie: p14340
Twitter: francocolumbu Instagram: francocolumbu Dialnet: 1649994 WikiTree: Columbu-1 Editar o valor em Wikidata

Era coñecido dentro do culturismo como The Sardinian Strongman. Foi o segundo culturista europeo en gañar a competición de Míster Olympia, despois do austríaco Arnold Schwarzenegger.

Traxectoria editar

Columbu naceu en Ollolai, Sardeña, Italia. Comezando a súa carreira deportiva como boxeador, Columbu progresou no deporte olímpico do levantamento de pesas e o culturismo despois de gañar o título de Míster Olympia en 1976 e 1981.[2]

Columbu é bo amigo de Arnold Schwarzenegger, ó que coñeceu en Múnic en 1965 e participou en varias competicións de culturismo a nivel internacional.[3] Para as competicións de Míster Olympia, competiu na categoría das 200 libras (90,7 kg), mentres que Schwarzenegger estaba na categoría de máis de 200 libras.

Columbu serviu de padriño na voda de Schwarzenegger e María Shriver en 1986, ambos chegaron aos Estados Unidos polo gurú do culturismo Joe Weider en 1969.[4] Os dous culturistas europeos comezaron un negocio de albanelaría chamado European Brick Works, en 1969, segundo un informe publicado polo xornal estadounidense The New York Times.[5]

Morreu na praia de San Teodoro (Nuoro) por un colapso, o 30 de agosto de 2019.[6]

Filmografía editar

  • 1976: Stay Hungry
  • 1977: Pumping Iron
  • 1980: The Hustler of Muscle Beach
  • 1980: The Comeback
  • 1982: Conan o bárbaro
  • 1984: Terminator
  • 1984: Getting Physical
  • 1986: Don Rickles: Rickles on the Loose
  • 1987: The Running Man
  • 1987: Last Man Standing
  • 1988: Big Top Pee-wee
  • 1993: Il ritmo do silenzio
  • 1994: Beretta's Island
  • 1995: Taken Alive
  • 1997: Doublecross on Costa's Island
  • 1998: Hollywood Salutes Arnold Schwarzenegger: A Cinematheque Tribute
  • 2002: Raw Iron:The Making of Pumping Iron
  • 2003: Ancient Warriors
  • 2008: Why we Train
  • 2010: Muscle Beach then and Now
  • 2011: Dreamland A Terra dei Sogni

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arnold Schwarzenegger: Total Recall. My unbelievable true life story. Simon & Schuster UK, Londres 2012, ISBN 978-1-84983-972-3, pp. 106–131.
  • National Enquirer Staff (2005) (en inglés). Book of Champions: 40 Years of Mr. Olympia Training Secrets. Weider Publications. ISBN 978-0976611547.