Ekpe Udoh

baloncestista estadounidense

Ekpe Udoh, nado o 20 de maio de 1987 en Edmond, Oklahoma, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Xogou na Universidade de Baylor e foi elixido no draft de 2010 da NBA polos Golden State Warriors na sexta posición.

Ekpe Udoh
Posición Pivote / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 20 de maio de 1987 (36 anos)
Oklahoma Edmond, Oklahoma
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Información da carreira
Universidade Michigan (2006–2008)
Baylor (2009–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 6
Por Golden State Warriors
Carreira 2010–2023
Historial de equipos
Warriors (2010−2012)
Bnei Herzliya (2011)
Milwaukee Bucks (2012−2014)
Clippers (2014−2015)
Fenerbahçe Ülker (2015−2017)
Utah Jazz (2017−2019)
Beijing Ducks (2019−2020)
Beijing Royal Fighters (2020−2021)
Virtus Bologna (2021−2022)
Shimane Susanoo Magic (2022−2023)
Kyoto Hannaryz (2023)

Traxectoria editar

Universidade editar

Xogou durante tres tempadas, dúas en Michigan e unha en Baylor, onde conseguiu 8.4 puntos, 6.3 rebotes e 1.5 asistencias en 103 partidos. Ekpe foi nomeado rookie da semana en catro ocasións, xogador defensivo do ano coma júnior e incluído no equipo defensivo e no equipo de rookies, tamén coma júnior.

NBA editar

No draft de 2010, Udoh foi elixido na 6ª posición polos Golden State Warriors. Debido a unha lesión na man, Udoh non xogou un partido da NBA ata o 11 de decembro de 2010, cando fixo o seu debut contra os Miami Heat, xogando 3 minutos nos que anotou 2 puntos.

O 13 de marzo de 2012, foi traspasado aos Milwaukee Bucks xunto a Monta Ellis e Kwame Brown a cambio de Andrew Bogut e Stephen Jackson.[1]

O 3 de setembro de 2014, Udoh asinou cos Los Angeles Clippers.[2]

Notas editar

  1. "Warriors trade Ellis, Brown to Bucks for Bogut, Jackson". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 14 de marzo de 2012. 
  2. "Clippers Sign Chris Douglas-Roberts and Ekpe Udoh". NBA.com. 3 de setembro de 2014. Consultado o 3 de setembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar