Kwame Brown
Kwame James Brown, nado o 10 de marzo de 1982 en Charleston, Carolina do Sur, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.
![]() | |
Axente libre | |
Posición | Pivote |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 10 de marzo de 1982 (41 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 122 kg (270 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Glynn Academy |
NBA Draft | 2001 / Rolda: 1 / Elección: 1 Por Washington Wizards |
Carreira | dende 2001 |
Historial de equipos | |
Washington Wizards (2001-2005) Los Angeles Lakers (2005-2008) Memphis Grizzlies (2008) Detroit Pistons (2008-2010) Charlotte Bobcats (2010-2011) Golden State Warriors (2011-2012) Philadelphia 76ers (2012-2013) | |
Información en nba.com |
Traxectoria deportivaEditar
NBAEditar
Brown foi elixido na 1ª posición do Draft da NBA de 2001 polos Washington Wizards. Foi o primeiro número un do Draft en ser seleccionado tras chegar directamente dende o instituto. Xogou ademais para Los Angeles Lakers, Memphis Grizzlies e Detroit Pistons.
O 23 de agosto de 2010, Brown asinou un contrato dun ano polos Charlotte Bobcats.[1]
O 13 de decembro de 2011, Brown asinou un contrato dun ano cos Golden State Warriors.[2] Xogou o seu primeiro partidos cos Warriors o 25 de decembro de 2011, na derrota con Los Angeles Clippers por 105-86.
O 13 de marzo de 2012, foi traspasado aos Milwaukee Bucks xunto a Monta Ellis e Ekpe Udoh a cambio de Stephen Jackson e Andrew Bogut.[3]
O 13 de xullo de 2012, Brown asinou un contrato de dous anos e 6 millóns de dólares cos Philadelphia 76ers.[4] O 20 de novembro de 2013, foi cortado polos Sixers.[5]
NotasEditar
- ↑ Stein, Marc (24 de agosto de 2010). "Kwame Brown, Bobcats agree to deal". ESPN. Consultado o 24 de agosto de 2010.
- ↑ "Warriors, former No. 1 pick Brown agree to deal". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de decembro de 2011.
- ↑ "Warriors trade Ellis, Brown to Bucks for Bogut, Jackson". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 14 de marzo de 2012.
- ↑ "Sixers To Sign Kwame Brown". hoopsrumors.com. Tim Dierkes. 13 de xullo de 2012. Consultado o 13 de xullo de 2012.
- ↑ "Philadelphia 76ers waive Kwame Brown and Darius Morris, sign Elliot Williams and Lorenzo Brown". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 27 de febreiro de 2014.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Perfil do Draft (en inglés)