Earl Boykins

baloncestista estadounidense

Earl Boykins, nado o 2 de xuño de 1976 en Cleveland, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.

Earl Boykins
Axente libre
Posición Base
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 2 de xuño de 1976 (47 anos)
Ohio Cleveland, Ohio
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,65 m (5 ft 5 in)
Peso oficial 60 kg (133 lb)
Información da carreira
Universidade Eastern Michigan
Carreira dende 1999
Historial de equipos
Rockford (1998–1999) (CBA)
New Jersey Nets (1999)
Cleveland Cavaliers (1999)
Orlando Magic (1999)
Los Angeles Clippers (2001–2002)
Golden State Warriors (2002–2003)
Denver Nuggets (2003–2007)
Milwaukee Bucks (2007)
Charlotte Bobcats (2008)
Virtus Bologna (2008–2009) Lega
Washington Wizards (2009-2010)
Milwaukee Bucks (2010-2011)
Houston Rockets (2012)
Información en nba.com

Traxectoria editar

Universidade editar

Boykins asistiu á Universidade Eastern Michigan dende 1995 até 1998, sendo elixido no mellor quinteto da súa conferencia no seu ano senior e junior. Durante a súa tempada de sénior, Boykins foi, con 26,8 puntos por partido o segundo máximo anotador da NCAA.

NBA editar

Boykins xogou en Cleveland Cavaliers, New Jersey Nets, Orlando Magic, Los Angeles Clippers, Golden State Warriors, Denver Nuggets, Milwaukee Bucks e Charlotte Bobcats. Tamén pasou dous anos na CBA xogando en Rockford Lightning. Cos seus 1,65 m de altura, Boykins é o xogador máis baixo en activo da liga, e o segundo da historia detrás de Muggsy Bogues (1,60 m).

Tras deambular sen rumbo por varios equipos da NBA, Boykins atopou finalmente un contrato garantido en Denver Nuggets en 2004. O rol principal de Boykins sempre foi saír do banco e inxectar enerxía ofensiva ao seu equipo, en parte porque é un dos bases máis rápidos da liga. O 18 de xaneiro de 2005, Boykins bateu a marca de máis puntos nunha prórroga, con 15, aínda que posteriormente Gilbert Arenas superaríao con 16.

O 11 de xaneiro de 2007, Boykins foi traspasado a Milwaukee Bucks a cambio de Steve Blake, onde fixo medias de 14 puntos por noite. Como curiosidade, Boykins é o xogador máis baixo en anotar 30 puntos ou máis. Ao finalizar a tempada, o xogador non renovou e converteuse en axente libre até o 31 de xaneiro de 2008, cando asinou un contrato con Charlotte Bobcats.

Europa editar

O 6 de agosto de 2008 asinou como axente libre polo Virtus Bologna italiano,[1] co que o 26 de abril de 2009 proclamouse campión do EuroChallenge, sendo ademais o máximo asistente da competición.

Regreso á NBA editar

A tempada 2009-10 regresou a Estados Unidos asinando un contrato polos Washington Wizards cos que fixo unha media un total de 7.5 puntos e 2.9 asistencias por encontro. En agosto de 2010 comprometeuse por un ano e 1,3 millóns de dólares cos Milwaukee Bucks que se convertían no seu noveno equipo na NBA.

O 26 de marzo de 2012, asinou cos Houston Rockets.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar