Eanfrith de Bernicia

rei

Eanfrith, finado en 633 ou 634, foi temporalmente rei de Bernicia desde 633 até 634. Foi fillo de Æthelfrith, un rei de Bernicia que tamén foi rei de Deira, un reino ao sur de Bernicia, e morreu en batalla ao redor do ano 616 en contra de Raedwald de Anglia Oriental, quen dera refuxio a Edwin, un exiliado príncipe de Deira.

Infotaula de personaEanfrith de Bernicia
Biografía
Nacemento590 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Mortedécada de 630 Editar o valor em Wikidata (39/49 anos)
Rei de Bernicia
633 – 634
← Edwin de NorthumbriaOswald de Bernicia →
Rei de Bernicia
632 (Gregoriano) – 633 (Gregoriano)
← Edwin de NorthumbriaOswald de Bernicia → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBernicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxeunnamed Pictish princess
FillosTalorgan I Editar o valor em Wikidata
PaisÆthelfrith de Northumbria Editar o valor em Wikidata  e Acha (pt) Traducir e Bebba (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsEbe de Coldingham (pt) Traducir, Oswald de Bernicia e Oswiu de Northumbria Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Edwin converteuse en rei de Northumbria tras a morte de Æthelfrith, e Eanfrith, quen foi, segundo Beda, o fillo máis vello de Æthelfrith, foise en exilio cara ao norte. Na súa Historia ecclesiastica gentis Anglorum, Beda conta que "Por todo o tempo que Edwin reinou, os fillos do xa mencionado Æthelfrith, quen reinara antes del, con moitos da nobreza, vivían en desterro entre os escoceses ou pictos, e foron instruídos de acordo á doutrina dos escoceses, e recibiron a graza do bautismo."

Eanfrith casou cunha princesa picta e tivo un fillo, Talorcan, quen eventualmente se converteu en rei dos pictos (653–657). Edwin foi asasinado o exército de Cadwallon ap Cadfan do Reino de Gwynedd e Penda de Mercia na Batalla de Hatfield Chase en outubro de 633, e Eanfrith, tomando a oportunidade de regresar á súa patria, converteuse en Rei de Bernicia. Con todo, non reinou sobre Deira, o cal fora tomado por un parente de Edwin, Osric. Beda conta que axiña que Eanfrith tomou o poder, "renunciou e perdeu" a súa fe e retornou á "abominación" de relixión e os seus "ídolos anteriores".

É posíbel que Eanfrith estivese envolto nalgúns dos eventos que levaron á caída de Edwin, ou polo menos estaba inicialmente en bos termos con Cadwallon. O historiador D. P. Kirby especulou que puido existir "unha gran rede de alianzas" que incluían a Eanfrith. Se algunha vez houbo unha relación amigábel entre Eanfrith e Cadwallon ao principio, non durou por moito tempo xa que Beda reporta que Eanfrith foi até Cadwallon "con só doce soldados escollidos" nun intento de negociar a paz, pero Cadwallon mandouno matar.

O ano en que el e Osric reinaron foi subsecuentemente tan mal visto por haberse revertido ao paganismo que ese ano se lle engadiu ao reino do cristián Oswald de Bernicia (irmán de Eanfrith), nun intento de esquecer ese mal ano.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Historia ecclesiastica gentis Anglorum, por Beda.
  • The Earliest English Kings, por D. P. Kirby.

Outros artigos editar