Castro Lupario

poboado fortificado en Bastavales (Brión) e Ribasar (Rois)

Coordenadas: 42°48′48″N 8°37′54″O / 42.813333333333, -8.6316666666667

O castro Lupario, tamén coñecido como castro de Beca, é un castro galaico que se localiza entre as parroquias de Bastavales (Brión) e Ribasar (Rois). Foi declarado Ben de Interese Cultural en decembro de 2009[1]. É de fácil acceso e poden verse restos das murallas. Esta acrópole castrexa quizais foi a capital dos Amaecos e chegou a acadar moita importancia. Como aconteceu noutras acrópoles, aquí tamén existiu durante séculos unha parroquia: Santo Antonini de Castro, suprimida a comezos do século XVII.

Castro Lupario
ParroquiaBastavales e Ribasar
ConcellosBrión, Rois
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Cronoloxía
Data da descuberta?
Véxase tamén
Castros de Galicia
Mapa sobre a lenda xacobea da translación en Historia del Apostol de Iesus Christo Sanctiago Zebedeo (1610), de Mauro Castellá Ferrer, no cal aparece o castro Lupario.

A lenda xacobea sitúa neste castro a residencia da raíña Lupa.

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 05 de outubro de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar



 
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.