Bernardino Machado

político portugués

Bernardino Luís Machado Guimarães, nado no Río de Xaneiro o 28 de marzo de 1851 e finado en Famalicão o 29 de abril de 1944,[1] foi o terceiro e o oitavo presidente electo da República Portuguesa.

Infotaula de personaBernardino Machado

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de marzo de 1851 Editar o valor em Wikidata
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor em Wikidata
Morte29 de abril de 1944 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Porto, Portugal Editar o valor em Wikidata
Presidente de Portugal
11 de decembro de 1925 – 31 de maio de 1926
← Manuel Teixeira GomesJosé Mendes Cabeçadas (pt) Traducir →
Primeiro ministro de Portugal
2 de marzo de 1921 – 24 de maio de 1921
← Liberato Pinto (pt) TraducirTomé de Barros Queirós (pt) Traducir →
Presidente de Portugal
5 de outubro de 1915 – 12 de decembro de 1917
← Teófilo BragaSidónio Pais →
Ministro de Relacións Exteriores
9 de febreiro de 1914 – 23 de maio de 1914 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal
Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Coímbra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Lisboa Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Coímbra Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Português (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElzira Dantas Machado (1882–1942)
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Machado_Guimarães-1

Biografía editar

Estudou Filosofía e Matemática, respectivamente na Facultade de Letras e na Facultade de Ciencias da Universidade de Coímbra, onde foi tamén Profesor. Tivo un importante percorrido como dirixente da Masonaría (na Loja Perseverança do Grande Oriente Lusitano). De 1892 a 1895 foi o 7.º Presidente do Consello da Orde do Grande Oriente Lusitano, de 1895 a 1899 foi o 18.º Soberano Grande Comendador do Supremo Consello afecto ao Grande Oriente Lusitano e 7.º Gran-Mestre do Grande Oriente Lusitano Unido e de 1929 até á súa morte en 1944 foi o 23.º Soberano Grande Comendador do Supremo Consello afecto ao Grande Oriente Lusitano.[2]

 
Bernardino Machado no tren que o vai conducir ao exilio en París, tras a revolución de Sidónio Pais, en 1917.

Foi presidente da República Portuguesa por dúas veces. Primeiro, do 6 de agosto de 1915 até o 5 de decembro de 1917, cando Sidónio Pais, á cabeza dunha xunta militar, disolveu o Congreso e o destituíu, obrigándoo a abandonar o país.

 
Bernardino Machado e as fillas, na Coruña, en 1927, con Álvaro Cebreiro e A. Villar Ponte.

Máis tarde, en 1925, volveu á presidencia da República para, un ano despois, volver a ser destituído pola revolución militar de 28 de maio de 1926, que instituirá a Ditadura Militar e abrirá camiño á instauración do Estado Novo.

Vida persoal editar

Bernardino Machado era fillo de António Luís Machado Guimarães, primeiro e único Barón de Joane, e da súa segunda muller, Praxedes de Sousa Guimarães, falecida en Vila do Conde en 1901.

Recibiu no bautismo o nome propio do avó materno, Bernardino de Sousa Guimarães, capitalista estabelecido en terras brasileiras.

Pasou a infancia no Brasil até aos nove anos, cando a familia se estabeleceu en Joane, concello de Famalicão. En 1866 inscribiuse na Universidade de Coímbra, en Matemática, optando despois por Filosofía. Foi un brillante alumno, téndose doutorado en Coímbra, onde foi profesor.

En 1872 atinxiu a maioridade e optou pola nacionalidade portuguesa.

Casou no Porto en xaneiro de 1882 con Elzira Dantas Gonçalves Pereira (Río de Xaneiro, 15 de decembro de 1865 - 21 de abril de 1942), tamén nacida no Brasil, filla do conselleiro Miguel Dantas Gonçalves Pereira e da súa muller Bernardina Maria da Silva, de quen tivo 18 fillos.

De entre os seus descendentes, destácanse o escritor e alcalde Aquilino Ribeiro Machado (1930-2012), primeiro alcalde de Lisboa democraticamente elixido tras a Revolución dos caraveis e o investigador, profesor e médico Júlio Machado de Sousa Vaz (1909-1999).

Política editar

Durante a monarquía, Bernardino Machado foi deputado polo Partido Regenerador (1882), Par do Reino (1890), e ministro das Obras Públicas, Comercio e Industria (1893).

Adheriuse ao Partido Republicano Português en 1903.

O 5 de outubro de 1910 ten coñecemento en Alenquer da Proclamación da I República portuguesa, onde volvería un ano despois para dar inicio á tradición da Cea do 5 de outubro en Alenquer.

Co advento da República foi o primeiro Ministro dos Negocios Estranxeiros da República, desde o 5 de outubro de 1910 até o 3 de setembro de 1911, e o primeiro Embaixador de Portugal no Brasil (1913).

Foi dúas veces presidente do Ministerio, desde o 9 de febreiro até o 12 de decembro de 1914, e desde o 2 de marzo até o 23 de maio de 1921.

Foi Cabaleiro da Orde de Carlos III de España en 1917 e Gran Cruz da Orde Militar da Torre e Espada, do Valor, Lealdade e Mérito, o 6 de outubro de 1917.[3]

O 30 de xuño de 1980 foi agraciado a título póstumo coa Gran Cruz da Orde da Liberdade.

Alén do seu percorrido político son coñecidas colaboracións súas nos periódicos A republica portugueza: diario republicano radical da manhan (1910-1911)[4], O Xuão: semanario de caricaturas (1908-1910)[5] e a Galeria republicana (1882-1883).[6]

Primeira elección presidencial (1915) editar

Bernardino Machado foi elixido polo Congreso o 6 de agosto de 1915. Na primeira votación votaron 189 congresistas. Nos tres escrutinios realizados, os votos ficaron así distribuídos:

Primeiro escrutinio editar

Segundo escrutinio editar

  • Bernardino Machado, 75 votos
  • Correia Barreto, 45 votos
  • Guerra Junqueiro, 30 votos
  • Duarte Leite, 19 votos
  • Alves da Veiga, 2 votos
  • Votos brancos, 12

Terceiro escrutinio editar

  • Bernardino Machado, 134 votos
  • Correia Barreto, 18 votos
  • Votos brancos e nulos, 27

Segunda elección presidencial (1925) editar

Bernardino Machado foi elixido polo Congreso o 11 de decembro de 1925. Nos dous escrutinios realizados, os votos ficaron así distribuídos:

Primeiro escrutinio editar

  • Bernardino Machado, 124 votos
  • Duarte Leite, 33 votos
  • Gomes Teixeira, 5 votos
  • José Júlio de Bettencourt Rodrigues, 1 voto
  • Carlos Belo de Morais, 1 voto
  • Afonso Costa, 1 voto
  • Jacinto Nunes, 1 voto
  • Votos brancos, 4

Segundo escrutinio editar

  • Bernardino Machado, 148 votos
  • Duarte Leite, 5
  • Bettencourt Rodrigues, 1
  • Votos brancos, 6

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Carlos Ramiro Coutinho
 Grão-Mestre do Grande Oriente Lusitano Unido 
1895 – 1899
Sucesor:
Luís Augusto Ferreira de Castro
Predecesor:
José de Azevedo Castelo Branco
 Ministério dos Negócios Estrangeiros 
(1.ª vez)
19101911
(Goberno Provisório)
Sucesor:
João Chagas
(interino)
Augusto de Vasconcelos
(de facto)
Predecesor:
Afonso Costa
 Presidente do Ministério de Portugal 
(1.ª vez)
1914
(VI e VII Goberno Republicano)
Sucesor:
Vítor Hugo de Azevedo Coutinho
Predecesor:
Rodrigo Rodrigues
 Ministro do Interior de Portugal 
(1.ª vez)
1914
(VI e VII Goberno Republicano)
Sucesor:
Alexandre Braga
Predecesor:
António Macieira
 Ministro dos Negócios Estrangeiros de Portugal 
(interino)
1914
(VI Goberno Republicano)
Sucesor:
Alfredo Augusto Freire de Andrade
Predecesor:
Manuel Monteiro
 Ministro da Justiça de Portugal 
(interino)
1914
(VII Goberno Republicano)
Sucesor:
Eduardo Augusto de Sousa Monteiro
Predecesor:
Liberato Pinto
 Presidente do Ministério de Portugal 
(2.ª vez)
1921
(XXIX Goberno Republicano)
Sucesor:
Tomé de Barros Queirós
Predecesor:
Liberato Pinto
 Ministro do Interior de Portugal 
(2.ª vez)
1921
(XXIX Goberno Republicano)
Sucesor:
Abel Hipólito
Predecesor:
João Gonçalves
 Ministro da Agricultura de Portugal 
(interino)
1921
(XXIX Goberno Republicano)
Sucesor:
Albano de Portugal Durão
Predecesor:
Albano de Portugal Durão
 Ministro da Agricultura de Portugal 
(interino)
1921
(XXIX Goberno Republicano)
Sucesor:
Tomé de Barros Queirós
(interino)
Manuel de Sousa da Câmara
(de facto)