Belfast

capital e cidade máis grande de Irlanda do Norte e da provincia do Ulster

Belfast (/ˈbɛlfɑːst/ en irlandés: Béal Feirste) é a capital e cidade máis grande de Irlanda do Norte e da provincia do Ulster, situada na foz do río Lagan entre montañas, na costa leste de Irlanda do Norte. É a décimo segunda cidade máis grande do Reino Unido[1] e a segundo maior da illa de Irlanda. Tiña unha poboación de 333.871 habitantes en 2015 e de 671.559 (2011) na área metropolitana. Belfast sufriu moito nos Problemas: nos anos 70 e 80 era unha das cidades máis perigosas do mundo,[2] cunha taxa de homicidios en torno a 31 por 100.000.[3] Porén desde o Acordo do Venres Santo de 1998 produciuse unha maior modernización da cidade. Ten dous aeroportos, o Aeroporto George Best e o Aeroporto Internacional de Belfast. A Universidade Queens de Belfast fundada en 1845 é a maior da cidade e na Universidade do Ulster, fundada en 1984, pódense cursar belas artes, deseño e arquitectura.

Modelo:Xeografía políticaBelfast
Imaxe

Lema«Pro Tanto Quid Retribuamus?» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aRio Farset (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 54°35′47″N 5°55′48″O / 54.5964, -5.93Coordenadas: 54°35′47″N 5°55′48″O / 54.5964, -5.93
EstadoReino Unido
PaísIrlanda do Norte
SubdivisiónsBelfast (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Irlanda do Norte (1921–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación345.006 (2021) Editar o valor em Wikidata (3.000,17 hab./km²)
Xeografía
Superficie114,995472 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude3 m Editar o valor em Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico28 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webbelfastcity.gov.uk Editar o valor em Wikidata

Historia editar

 
O RMS Titanic zarpando de Belfast, 2 de abril de 1912.
 
O Albert Memorial Clock.
 
Stormont.

O lugar onde se atopa o actual Belfast estivo sempre ocupado desde a Idade de Bronce. O xacemento arqueolóxico coñecido como Giant's Ring (o anel do xigante), situado moi preto da cidade, ten 5000 anos e aínda se poden ver restos de fortificacións que datan da Idade de Ferro nos outeiros que rodean a cidade.

Converteuse nun asentamento importante no século XVII cando un gran número de colonos ingleses e escoceses instaláronse alí no proceso de colonización do Ulster, co obxectivo de erradicar á poboación católica do Ulster. En 1641, os católicos se rebelaron, pero foron severamente reprimidos. Belfast floreceu como un importante centro comercial e industrial durante os séculos XVIII e XIX e converteuse na cidade máis industrializada de Irlanda, superando incluso a Dublín grazas aos seus estaleiros, a súa industria téxtil e tabaco. Os estaleiros Harland and Wolff convertéronse nos máis importantes do mundo, empregando ata 35.000 traballadores.[4] Nestes estaleiros construíuse o tráxicamente famoso RMS Titanic.

Belfast constituíuse na capital de Irlanda do Norte desde a creación desta rexión administrativa en 1920 pola Acta do goberno de Irlanda de 1920. Desde entón foi crecendo en número de habitantes e foi testemuña de enfrontamentos dos seus cidadáns católicos (maioritariamente "nacionalistas" favorables á independencia do Reino Unido) e protestantes (ou "leais", que se opoñen a calquera proceso que leve á separación do Imperio Británico).

Belfast foi bombardeado tres veces durante a segunda guerra mundial polos bombardeiros da Luftwaffe. O bombardeo que causou máis danos produciuse na noite do 15 de abril de 1941, cando 200 bombardeiros, entre Heinkel He 111, Junkers e Dorniers, atacaron a cidade sen ter unha resistencia importante. Estímase que preto de mil persoas morreron durante o ataque ou feridas provocadas durante o ataque. Ademais, unhas 100.000 persoas perderon a súa casa. Aínda que os estaleiros e as fábricas de aeronaves víronse afectadas, recuperáronse rapidamente, xa que a demanda de buques e avións era alta. Isto supuxo, por suposto, a rápida recuperación da economía de Belfast.

O 21 de xullo de 1972, o IRA provisional detonou 22 bombas dentro e no arredor da cidade, asasinando a nove persoas, incluídos dous policías e feridas a outras 130. Amais do exército británico e a policía local, o IRA provisional enfrontouse a dous grupos paramilitares: a Asociación en Defensa do Ulster e a Forza Voluntaria do Ulster. Ata 1994 producíronse enfrontamentos esporádicos entre as dúas forzas en Belfast. Aínda que o cesamento do fogo entre ambas partes rematou coa violencia na cidade, a cidade mantén un importante compoñente de segregación entre a poboación católica republicana e a poboación unionista protestante.

En 1997, os unionistas perderon o control do Consello de Belfast por primeira vez na súa historia. Esta derrota confirmouse nas eleccións de 2001 e 2005. Isto permitiu aos membros dos nacionalistas do SDLP e Sinn Féin exercer como alcalde por primeira vez. O actual alcalde, Jim Rodgers, pertence ao Partido Unionista do Ulster.

Etimoloxía e lema editar

 
Escudo da cidade de Belfast.

Belfast é a versión anglicanizada do nome irlandés da zona onde se atopa, que significa "Vado areoso na desembocadura do río". Isto refírese a barra que se formou onde o río Farset se une ao río Lagan en Donegall Quay e desemboca a Belfast Lough. Este foi o centro arredor do que se desenvolveu a cidade. O río Farset tamén recibe o nome da palabra "pozo de area", "feirste" en irlandés. Rodeado polo río Lagan como o río máis importante, o Farset agora languidece na escuridade, baixo a avenida principal (High Street). O río aberto aínda se pode ver no bordo do cemiterio de Shankill. Bank Street no centro da cidade non se refire ao sector bancario, senón ao banco do río e Bridge Street (Rúa da Ponte) era o sitio onde antes se situaba unha ponte sobre o río Farset.

A cidade de Belfast ten o lema en latín "Pro tanto quid retribuamus" . Isto pódese traducir como "O que debemos dar a cambio de moito" (literalmente "Recibindo tanto, o que debemos devolver") e foi tomado do Salmo 116 versículo 12 da Vulgata.

 
Castelo de Belfast.

Notas editar

  1. "Where are the largest cities in Britain? – CityMetric". Citymetric.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2015. Consultado o 11 de abril de 2018. 
  2. Mankind's Great Divides by George R. Mitchell, 2017. (ISBN 9781910745779)
  3. "CAIN: Violence: List of Significant Violent Incidents". cain.ulster.ac.uk. Consultado o 2019-10-16. 
  4. "Cranes to remain on city skyline". BBC News. 9 de outubro de 2003. Consultado o 12 de marzo de 2007. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.