Arctino de Mileto

Arctino de Mileto foi un poeta épico grego de fama lendaria que nacera, segundo a tradición, en tempos da 9ª olimpíada, é dicir entre -744 e o -741.

Infotaula de personaArctino de Mileto
Nome orixinal(grc) Ἀρκτῖνος ὁ Μιλήσιος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Mileto Editar o valor em Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor , mitógrafo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século VIII a. C. Editar o valor em Wikidata)
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dicíase que foi discípulo de Homero, aínda que Dionisio de Halicarnaso o consideraba como o poeta coñecido máis antigo[1]. Fanías de Ereso afirmou que fora derrotado por Lesques de Pirra nunha competición. Arctino é un dos chamados «poetas cíclicos» e compuxo a Etiópida e o Saqueo de Troia, que contribuíron a engrosar o ciclo troiano. Tamén lle atribúen a Titanomaquia.

Estes poemas perdéronse, aínda que se conservan breves fragmentos, ademais de resumos dos dous primeiros na Crestomatía atribuída a Proclo, neoplatónico do século V.

A Etiópida (Αιθιοπις), en cinco libros, chámase así por Memnón, o rei etíope que foi aliado dos troianos despois da morte de Héctor. De acordo con Proclo, este poema continúa a serie de narracións con que acaba a Ilíada.

A Etiópida empeza co anuncio da chegada da amazona Pentesilea para combater en axuda dos troianos e conclúe coa morte e o funeral de Aquiles, e a disputa entre Áiax Telamonio e Odiseo polas súas armas.

O Saqueo de Troia (Iliupersis) narra os acontecementos do final da guerra concernentes ao Cabalo de Troia, Sinón e Laocoonte, a toma da cidade e a marcha dos gregos provocada polo enfado de Atenea ante o rapto de Casandra a mans de Áiax de Oileo. A Pequena Ilíada, normalmente atribuída a Lesques de Pirra, encheu o espazo narrativo entre a Etiópida e o Saqueo de Troia.

Notas editar

  1. Dionisio de Halicarnaso, Historia antigua de Roma i,68,2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Alberto Bernabé Pajares, Fragmentos de épica griega arcaica, Madrid: Gredos, 1979, ISBN 84-249-3524-1.