Áiax (en grego Αίας), era o fillo de Oileo rei de Lócrida, coñecido como o Menor para diferencialo de Áiax I, fillo de Telamón quen era recoñecido pola súa descomunal estatura.

Áiax o Menor

Tipopersonaxe da mitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Obra
Biografía
Lugar de falecementoGyraean Rock (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra de Troia Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiEriópide (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaiOileu (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fillo/aBanaurus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata ] C:Commons ]

Liderou o destacamento de Locri durante a guerra de Troia, na que tivo un papel importante.

Foi un dos guerreiros que penetraron na cidade escondidos dentro do Cabalo de Troia. Nesta última batalla, xunto con Neoptolemo, fillo de Aquiles, intérnase no pazo real, onde o primeiro asasinou o rei Príamo, mentres que Áiax encontrou á princesa Casandra refuxiada baixo un altar dedicado a Atenea. E aínda que esta pediu piedade por respecto á deusa, Áiax, no frenesí do saqueo non a escoitou e a violou alí mesmo.

Isto provocou a ira de Atenea, que coa axuda de Poseidón fixo que a nave de Áiax naufragara durante a fatídica tempestade que dispersou a frota grega no seu regreso á patria.

De aí que da súa morte existen dúas versións. A máis difundida é que pereceu afogado cando o seu barco se afundiu ó estrelarse contra un promontorio chamado "As rochas Xiras" no mar Exeo. A outra sostén que a auga o deixou sobre unha desas pedras mentres estaba inconsciente. Unha vez que a tormenta escampou e Áiax espertou, sabendo que a tormenta era obra de Poseidón para castigalo polos seus pecados, comezou a burlarse do Deus dicindo que por máis esmero que puxera non conseguira matalo. Para a súa desgraza, como se dunha resposta se tratase, unha man sostendo un tridente emerxeu das augas e guindoullo. A arma atravesou o peito de Áiax e o ensartou á rocha, matándoo ó instante. Dise que tan pronto como a súa alma o abandonou, o tridente e o seu corpo se transformaron en pedra e alí quedaron, como unha rocha alta que sobresae das augas do mar Exeo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar