Antonio Mariño de Lobeira

Antonio Mariño de Lobeira e Andrade, nado en Pontevedra en 1640,[Cómpre referencia] foi un militar e nobre galego da Casa Mariño de Lobeira.

Infotaula de personaAntonio Mariño de Lobeira
Biografía
Nacemento(es) Antonio Mariño de Lobeira y Andrade Editar o valor em Wikidata
1640 Editar o valor em Wikidata (383/384 anos)
Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiPedro Mariño de Lobeira Lemos Editar o valor em Wikidata
IrmánsFernando Antonio Mariño de Lobeira Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo do tamén nobre Pedro Mariño de Lobeira Lemos, señor da Serra de Outes, foi bautizado o 18 de xullo de 1640.[Cómpre referencia] O seu irmán máis vello Fernando Antonio Mariño de Lobeira, herdou o señorío da Serra de Outes[1] e transformouno en marquesado.

Foi tenente xeneral do exército do rei de España e mariscal de campo de infantaría en Flandres.

Honras editar

Foi elixido cabaleiro da Orde de Santiago en 1688, e primeiro marqués de Mariño, título concedido por Filipe V en 1705. Ao non ter descendencia o título extinguiuse con el ata que foi recuperado en 1921.

Notas editar

  1. Genealogía del linaje Mariño de Lobeira, web Xenealoxías do Ortegal.