Alan Lee

ilustrador británico



Alan Lee, nado en Middlesex o 20 de agosto de 1947, é un ilustrador británico de libros e filmes, coñecido sobre todo polas súas ilustracións de diferentes edicións do Señor dos Aneis, en particular a edición do centenario da editorial HarperCollins.

Infotaula de personaAlan Lee

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónEaling Art College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , actor , artista , psiquiatra , ilustrador , artista visual Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1978 Editar o valor em Wikidata - 1986 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0496769 Allmovie: p348014 Editar o valor em Wikidata

Tamén ilustrou varios outros libros de fantasía como Fadas (Faeries) con Brian Froud. Gañou o premio Kate Greenaway Medal como mellor ilustrador en 1993 polo seu traballo en Black Ships Before Troy.

Traxectoria editar

Lee estudou deseño e artes gráficas en Londres. Na década de 1970 casou con Marja Le Kruÿt, outra ilustradora. O estilo de Le é un clásico romántico predominando as súas obras en acuarelas Actualmente vive e traballa en Devon e os seus fillos Owen e Virginia tamén son artistas.

Colaboración cinematográfica editar

Lee e John Howe foron os artistas principais no deseño da triloxía de películas sobre O Señor dos Aneis dirixida por Peter Jackson. Deseñou varios dos escenarios principais incluíndo obxectos e armas para os actores. Tivo un breve cameo como un do nove nazgûl nunha escena do comezo da triloxía. É gañador do premio Óscar ao mellor deseño artístico por estas películas. En 2005 publicou o libro The Lord of the Rings Sketchbook, no que mostra parte do seu traballo para a triloxía en bosquexos e ilustracións a cor. Cando Jackson volveu á Terra Media para adaptar tamén O hobbit noutro tres películas, volveu contar con Lee no deseño artístico, formando equipo, unha vez máis, con John Howe como deseñador conceptual do mundo de Tolkien.

Ademais de traballar no deseño das películas de Peter Jackson, Le tamén colaborou noutras películas como Legend, Erik o Viquingo e a serie de televisión Merlín. A súa última colaboración importante até a data foi o deseño de produción da película King Kong, tamén de Peter Jackson, presentada en 2005.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar