Ala (baloncesto)

Posición dun xogador de baloncesto
Posicións de Baloncesto
1. Base
2. Escolta
3. Ala
4. Ala-pivote
5. Pivote
Outras posicións
Sexto home

Ala ou á (inglés: small forward ou forward), tamén 3 na terminoloxía empregada por adestradores, é unha das 5 posicións dun equipo nunha pista de baloncesto.

Descrición da posición editar

Móvense por posicións distantes do aro, podendo en moitas ocasións desempeñar accións de escolta, cos que ás veces non se diferencian completamente, sobre todo no baloncesto modero. No baloncesto profesional, a estatura dun ala atópase habitualmente entre 1,96 e 2,06 metros. Son capaces de axudar no rebote ou de correr para culminar un contraataque. Coa posesión do balón, deben ser capaces de anotar tanto dende longa distancia coma penetrando a canastra, así coma provocar faltas.

Na actualidade, debido á versatilidade esixida para esta posición, existen diferentes perfís de ala: bos no pase (coma LeBron James[1]), anotadores (Carmelo Anthony, Kevin Durant)[2], ou especialistas defensivos (Metta World Peace[3], Tayshaun Prince). Existen xogadores cun perfil intermedio entre escolta e ala (Paul Pierce, Andre Iguodala), así coma xogadores capaces de facer indistintamente de ala ou de ala-pivote (Dirk Nowitzki, Lamar Odom).

Xogadores históricos editar

 
Clyde Drexler.

NBA editar

Ás elixidos na lista dos 50 mellores xogadores da historia da NBA:

*Entre parénteses, o equipo no que cada xogador desenvolveu a maior parte da súa carreira.

Notas editar

  1. Rosenberg, Michael (21 de maio de 2012). "Artigo en Sports Illustrated" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2014. 
  2. Burke, Kevin (10 de xaneiro de 2012). "Anotadores máis versátiles da NBA" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2014. 
  3. "Biografía de Metta World Peace" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 8 de xullo de 2014.