10,000 BC

Filme de 2008 dirixido por Roland Emmerich

10,000 BC é unha longametraxe estadounidense dirixida por Roland Emmerich que foi estreada en 2008. Estreouse en galego na TVG o 1 de xaneiro de 2013.

10 000 A.C
Logo do filme
Ficha técnica
Título orixinal10,000 BC
DirectorRoland Emmerich
ProdutorRoland Emmerich
Mark Gordon
Michael Wimer
GuiónRoland Emmerich
Harald Kloser
IntérpretesSteven Strait
Camilla Belle
Cliff Curtis
Joel Virgel
Affif Ben Badra
Mo Zinal
Nathanael Baring
Mona Hammond
Marco Khan
Reece Ritchie
Omar Sharif
MúsicaHarald Kloser
Thomas Wander
FotografíaUeli Steiger
MontaxeAlexander Berner
EstudioLegendary Pictures
Centropolis Entertainment
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
Estrea 7 de marzo de 2008
Galicia 1 de xaneiro de 2013 (TVG)
Duración109 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAventura, Fantástica
Orzamento$105 000 000[1]
Recadación$269 784 201
Na rede
http://www.10000bcmovie.com/
IMDB: tt0443649 Filmaffinity: 103302 Allocine: 109040 Rottentomatoes: m/10000_bc Mojo: 10000bc Allmovie: v344317 TCM: 636628 Metacritic: movie/10000-bc TV.com: movies/10000-bc Netlix: 70060018Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Era un tempo no que o home e a besta eran indomábeis e o poderoso mamut camiñaba pola terra. Un tempo no que as ideas e as crenzas naceron e déronlle forma á humanidade. 10 000 a. C. Un xove cazador D'Leh (Steven Strait) comeza a busca da súa namorada á fronte dun exército atravesando o gran deserto. Terá que facer fronte ó mamut, e tamén ao smilodon (tigres de dentes de sabre) e outros depredadores prehistóricos, ó tempo que descobre unha avanzada civilización, os refuxiados da Atlántida que desembarcaron no que máis tarde se coñecería como o Antigo Exipto.

Personaxes editar

Erros cronolóxicos editar

O filme, á parte duns excelentes efectos visuais, ten algúns erros como por exemplo que nela móstrase como o home cultiva a terra, pero os primeiros cultivos datan do ano 8000 a. C. Tamén aparecen homes montando a cabalo, cando o home domestica cabalos aproximadamente dende o ano 2000 a. C. E finalmente os homes xa descubriran o ferro no filme, cando en realidade o home aprendeu a dominar o ferro cara ao ano 1500 a. C.

Aínda que se presenta como un filme sobre a prehistoria, contempla teorías non oficiais sobre este período, por exemplo, a teoría de que existiu unha cultura civilizada hai 10000 anos, algo semellante ó mito da Atlántida, retoma teorías de exiptólogos que din que se cadra a Esfinxe é anterior ó Antigo Exipto e que ó mellor os exipcios eran herdeiros dalgunha outra gran civilización.

Notas editar