Gregorio Ordóñez: Diferenzas entre revisións

político español
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: '''Gregorio Ordóñez Fenollar''' (Caracas, 21 de xullo de 1958 - San Sebastián, 23 de xaneiro de 1995) foi un político español do Partido Popular, afinc...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 23 de xaneiro de 2008 ás 14:49

Gregorio Ordóñez Fenollar (Caracas, 21 de xullo de 1958 - San Sebastián, 23 de xaneiro de 1995) foi un político español do Partido Popular, afincado no País Vasco e asasinado por ETA cando era deputado do Parlamento Vasco.

Aínda que naceu en Venezuela, a súa familia instalouse en San Sebastián en 1965 e alí realizou os seus estudos primarios e medios. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra.

Tras unha breve etapa traballando como periodista, ingresou nas Novas Xeracións de Alianza Popular e en maio de 1983, con apenas 24 anos, foi elixido por primeira vez edil do concello de San Sebastián. Nesa lexislatura asumíu a concellería de Legalidade Urbanística, dende 1987 a súa concellería foi a de Turismo e Festexos e dende 1991 a de Urbanismo, sendo tamén o Primeiro Teniente de Alcalde. Encabezou a candidatura nas tres ocasións e tamén fora aprobado que o faría en 1995.

Pese ó predominio político dos partidos nacionalistas vascos en Guipúscoa e a presencia da banda terrorista ETA, a candidatura de Alianza Popular encabezada por Ordónez, mellorou progresivamente os seus resultados electorais no País Vasco, continuando posteriormente baixo a denominación de Partido Popular, conseguindo que, nas elección ó Parlamento Europeo de xuño de 1994, a súa lista fora a máis votada de San Sebastián.

O 23 de xaneiro de 1995, en vésperas das eleccións municipais de maio, mentras comía nun restaurante da Parte Vella de San Sebastián cos seus compañeiros do concello, entre eles María San Gil, foi asasinado por un comando de ETA formado por Francisco Javier García Gaztelu, "Txapote" e Juan Ramón Casatorre.

A súa tumba foi profanada en varias ocasións.