Caroline Lucretia Herschel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de agosto de 2004 ás 22:16

Astronomía Caroline Lucretia Herschel (1750-1848)

Irmá do famoso William Herschel, tamén astrónomo, compartiu con el unha auto-educación científica. Nacida o 16 de marzo de 1750 en Hanover (Alemaña), Caroline descubreu varios novos cometas, en particular o de tipo periódico 35P/Herschel-Rigollet, que leva o seu nome. No outono de 1772 reuniuse en Inglaterra co seu irmán, que se establecera como profesor de música en Bath. A partir de aí cooperaron nas investigacións astronómicas e os seus deberes profesionais: ella era a cantante principal nos concertos do oratorio, acadando tanta sona que lle foi ofertada unha invitación para o festival de Birminghan, que declinou.

No 1782 o seu irmán aceptou ser o astrónomo real de George III de Inglaterra. Carolina foi a súa asistente nas observacións, executando asemade os laboriosos cáclulos relacionados con elas. A súa diversión principal era escrutar o ceo con un pequeño telescopio newtoniano. Foi así como detectou no 1783 tres nebulosas, e entre 1786 e 1797 oito cometas, en cinco dos que ten incuestionable prioridade, entre eles o Cometa Encke. O primeiro deles, descuberto o 1 de agosto de 1786, foi tamén o primeiro descuberto por unha muller. O ano seguinte comezou a ser asalariada real polo seu traballo de asistente, o que a convertiu na primeira muller recoñecida oficialmente como científica. No 1797 presentou á Royal Society un Índice de observacións de John Flamsteed, xunto cun catálogo de 561 estrelas omitidas accidentalmente no British Catalogue, e unha lista de erratas no mesmo.

Voltou a Hanover no 1822 tras a morte do seu irmán, pero xa non abandoou os seus estudos astronómicos, e no 1828 completou a reducción comezada en xaneiro de 1800, de 2500 nebulosas descobertas polo seu irmán. No 1828 a Royal Astronomical Society otorgoulle a medalla de ouro, e no 1835 elixiuna membro honorario. No 1846 recibiu a medalla de ouro do Rei de Prusia.

O asteroide 281 Lucretia foi nomeado polo seu segundo nome, e un cráter luar no Sinus Iridium foi nomeado Caroline Herschel en honra súa.

Morreu o 9 de xaneiro de 1848.

ver tamén

a ciencia ten nome de muller