Maria Ouspenskaya: Diferenzas entre revisións

actriz rusa
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Traducido de en:Maria Ouspenskaya
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de novembro de 2021 ás 12:14

Maria Alekseyevna Ouspenskaya (en ruso: Мария Алексеевна Успенская), nada en Tula o 29 de xullo de 1876 e finada nos Ánxeles o 3 de decmebro de 1949, foi unha actriz e profesora de interpretación rusa.[1][2] Acadou sona de nova como actriz de teatro en Rusia e de vella cen filmes de Hollywood.[3]

Infotaula de personaMaria Ouspenskaya

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xullo de 1876 Editar o valor em Wikidata
Tula, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte3 de decembro de 1949 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Os Ánxeles (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza cardiovascular e queimadura Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Imperio Ruso Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , actriz de teatro , actor de xénero , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1915 Editar o valor em Wikidata -
ProfesoresConstantin Stanislavski e Leopold Sulerzhitsky (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosStella Adler e Lee Strasberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0653642 Allocine: 2157 Allmovie: p54458 TCM: 145878 IBDB: 68484
Find a Grave: 11480 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Ouspenskaya naceu en Tula, Imperio Ruso, e estudou canto en Varsovia e interpretación en Moscova. Foi membro fundadora de First Studio, un estudio de teatro do Teatro da Arte de Moscova. Alí recibiu clases de Konstantin Stanislavsky e do seu axudante Leopold Sulerzhitsky.[4]

O Teatro da Arte de Moscova viaxou amplamente por Europa e cando chegou a Nova York en 1922, Ouspenskaya decidiu quedar alí. Actuou con frecuencia en Broadway durante a seguinte década. Deu clases de interpretación no American Laboratory Theatre[5] e en 1929, xunto con Richard Boleslawski, o seu colega no Teatro da Arte de Moscova fundou a Escola de Arte Dramática de Nova York.[5] Un dos alumnos de Ouspenskaya durante este período foi Anne Baxter, daquela unha adolescente descoñecida.[6]

Aínda que xa aparecera nalgúns filmes mudos rusos moitos anos atrás, Ouspenskaya mantívose afastada de Hollywood ata que os problemas económicos da súa escola a forzaron a procurar xeitos de amañar as súas finanzas. Segundo os anuncios da revista Popular Song na década de 1930, arredor desta época tamén abriu a Maria Ouspenskaya School of Dance on Vine Street nos Ánxeles. Entre os seus alumnos estaba Marge Champion, modelo para a Brancaneves de Disney.[7]

A pesar do seu forte acente ruso, atopou traballo en Hollywood interpretando personaxes europeas de diferentes orixes. O seu primeiro papel en Hollywood foi en Dodsworth (1936), que lle proporcionou unha candidatura ao Óscar á mellor actriz secundaria,[1] cunha das interpretacións máis breves que conseguiu unha candidatura. Recibiu unha segunda candidatura polo seu papel en Love Affair (1939).[8]

Interpretou a Maleva, unha vella botadora de cartas romaní nos filmes de terror The Wolf Man (1941) e Frankenstein Meets the Wolf Man (1943). Outros filmes en que apareceu foron The Rains Came (1939), Waterloo Bridge (1940), Beyond Tomorrow (1940), Dance, Girl, Dance (1940), The Mortal Storm (1940), Dr. Ehrlich's Magic Bullet (1940) e Kings Row (1942).

Ouspenskaya faleceu varios días despois de sufrir un infarto e recibir queimauras nun incendio, posiblemente causado ao quedar durmida mentres fumaba un cigarro.[5] Foi enterrada no Forest Lawn Memorial Park Cemetery de Glendale.[9]

Filmografía

Ano Título Personaxe
1936 Dodsworth Baroness Von Obersdorf
1937 Conquest Countess Pelagia Walewska
1939 Love Affair Grandmother
1939 The Rains Came Maharani
1939 Judge Hardy and Son Mrs. Judith Volduzzi
1940 Dr. Ehrlich's Magic Bullet Franziska Speyer
1940 Beyond Tomorrow Madam Tanya
1940 Waterloo Bridge Madame Olga Kirowa
1940 The Mortal Storm}} Mrs. Breitner
1940 The Man I Married}} Frau Gerhardt
1940 Dance, Girl, Dance Madame Lydia Basilova
1941 The Wolf Man Maleva
1941 The Shanghai Gesture The Amah
1942 Kings Row Madame von Eln
1942 The Mystery of Marie Roget Mme. Cecile Roget
1943 Frankenstein Meets the Wolf Man Maleva
1945 Tarzan and the Amazons Amazon Queen
1946 I've Always Loved You Madame Goronoff
1947 Wyoming Maria
1949 A Kiss in the Dark Mme. Karina

Véxase tamén

Ligazóns externas

  1. 1,0 1,1 Robinson, Harlow. 2007. Russians in Hollywood, Hollywood's Russians: Biography of an Image. Boston: Northeastern UP; ISBN 978-1-55553-686-2, páx. 81
  2. Nissen, Axel. 2006. Actresses of a Certain Character: Forty Familiar Hollywood Faces from the Thirties to the Fifties. Illustrated ed. Jefferson, NC: McFarland & Co.; ISBN 978-0-7864-2746-8, p. 141.
  3. Obituary for Maria Ouspenskaya, Variety, 7 de decembro de 1949; páx. 63.
  4. Benedetti, Jean. Stanislavski: His Life and Art (revised edition, 1999; original edition published in 1988). Londres: Methuen; ISBN 0-413-52520-1, pp. 209–211
  5. 5,0 5,1 5,2 Smith, Ronald L. (2010). Horror Stars on Radio: The Broadcast Histories of 29 Chilling Hollywood Voices. McFarland & Company. ISBN 978-0-7864-4525-7. 
  6. Seiler, Michael (13 de decembro de 1985). "Anne Baxter Dies at 62 --50 Years of It as Star in Films, Stage and TV". The Los Angeles Times. 
  7. Modelo:Cite novas
  8. "The 12th Academy Awards 1940". Consultado o 29 de agosto de 2016. 
  9. Mank, Gregory W. Women in Horror Films, 1940s. 1999. p. 95.