Tula, Rusia
Tula (en alfabeto cirílico ruso: Тула, transliterado Tula) é unha cidade de Rusia, capital da provincia homónima. Está situada ao sur de Moscova, no centro da Rusia europea. Ten uns 550.000 habitantes.
Тула (ru) ![]() | ||||
Epónimo | Tulitsa (en) ![]() ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Rusia | |||
Óblasts | Oblast de Tula (pt) ![]() | |||
Distrito urbano | Municipal Formation of the City of Tula (en) ![]() ![]() | |||
Capital de | ||||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 466.609 (2023) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 146 km² ![]() | |||
Altitude | 170 m ![]() | |||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Olga Slyusareva (pt) ![]() ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 300000–300999 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 4872 ![]() | |||
Identificador OKTMO | 70701000001 ![]() | |||
Identificador OKATO | 70401000000 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | tula.ru ![]() | |||
![]() ![]() ![]() |
Historia
editarIdade Moderna
editarEn 1530 construíuse alí unha cidadela ou kremlin. Foi un lugar clave para protexer Moscova das invasións tártaras ou mongois. Tula converteuse no centro da industria metalúrxica rusa a partir de 1712, tras o descubrimento de xacementos de ferro e carbón na zona.
Idade Contemporánea
editarDurante a segunda guerra mundial (Gran guerra patria, 1940-1945) a cidade converteuse nun importante centro de produción de armamento e por iso foi obxectivo do Heer alemán a finais de 1941. O exército de Heinz Guderian foi aniquilado en Tula,[1] e por iso leva dende 1976 o título de Cidade heroica.[2]
En Tula naceu, viviu e foi enterrado Lev Tolstoi (1828-1910). A atracción máis popular para os turistas é a Yasnaya Polyana, que foi a casa e último lugar onde viviu Tolstoi, a 14 km ao suroeste do centro da cidade.
Deporte
editarA cidade de Tula alberga o Arsenal Stadium (homónimo do estadio do Arsenal inglés) e o FC Arsenal Tula (Professionalniy Futbolniy Klub Arsenal), que participa na liga rusa de fútbol.[3]
Irmandamentos
editarNotas
editar- ↑ Roberts 2011, pp. 175-176
- ↑ Egorov, Boris (2021-07-20). "Você sabia que existem ‘Cidades Heroicas’ na Rússia? (FOTOS)". Russia Beyond BR (en portugués). Consultado o 2023-01-26.
- ↑ "Russia 2012/13". www.rsssf.org. Consultado o 2023-01-26.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tula, Rusia |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Bibliografía
editar- Roberts, Andrew (2011). The Storm of War: A New History of the Second World War. Nova York: Harper Perennial. ISBN 978-0-06122-860-5.
- Roberts, Cynthia (1995). "Planning for War: The Red Army and the Catastrophe of 1941". Europe-Asia Studies 47 (8): 1293–1326. doi:10.1080/09668139508412322.
- Roberts, Geoffrey (2006). Stalin's Wars: From World War to Cold War, 1939–1953. Yale University Press. ISBN 978-0-300-11204-7.
Ligazóns externas
editar- Yasnaya Polyana, Museo Tolstoi Arquivado 14 de febreiro de 2023 en Wayback Machine.