Vallibria: Diferenzas entre revisións

semanario literario galego
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: '''Vallibria''' foi un semanario literario de Mondoñedo fundado por Xosé Trapero Pardo en 1930 e que apareceu ata 1940. Contou como colaboradores con xente como o...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 16 de decembro de 2006 ás 19:37

Vallibria foi un semanario literario de Mondoñedo fundado por Xosé Trapero Pardo en 1930 e que apareceu ata 1940. Contou como colaboradores con xente como o crego Celestino Cabarcos, José Rodríguez Fernández, Eduardo Lence, Aquilino Iglesia Alvariño, Antón Noriega Varela, José Díaz Jácome, Francisco Fernández del Riego e Álvaro Cunqueiro.

Vallibria foi a primeira publicación onde apareceu un texto literario en galego en Galicia durante a Guerra Civil española, o 25 de xullo de 1936, durante toda a contenda continuaron a aparecer textos galegos inseridos, as máis das veces, nun ton de exaltación do bando franquista.