Bristol: Diferenzas entre revisións
Nova páxina: "{| border=1 align=right cellpadding=4 cellspacing=0 width=300 style="margin: 0 0 1em 1em; background: #f9f9f9; border: 1px #aaaaaa solid; border-collapse: collapse; font-size: 95%..." |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 6 de outubro de 2012 ás 12:08
| ||
Mapa | ||
---|---|---|
Información | ||
Estado | Reino Unido | |
País | Inglaterra | |
Superficie | 110 km2 | |
Poboación | 428.000 (2011 est.) | |
Densidade | 3.639 h/km² | |
Alcalde | Chris Skidmore |
Bristol é unha cidade de Inglaterra pertencente ao condado homónimo. Canda a cidade de Plymouth constitúe un dos principais centros administrativos do sureste inglés. A cidade naceu e prosperou á beira do mar, onde o auxe comercial e poboacional foi en grande medida grazas ao porto de Bristol. No ano 2009 posuía unha poboación de 433.100 habitantes, 1.070.000 se incluímos toda a área metropolitana.[1] En poboación, Bristol é a oitava cidade de Inglaterra e décima do Reino Unido. Arredor do planeta existen outras cidades tamén chamadas Bristol, a maioría nos Estados Unidos, pero tamén en Perú, Canadá, Xamaica e Costa Rica. Todos con probabilidade inspirados no nome da cidade orixinal.[2]
Históricamente dentro de Gloucestershire, foi decretada cidade en 1155 e recibiu status de condado en 1373. Desde o século XIII, durante medio milenio, foi clasificada entre as tres principais cidades inglesas depois de Londres, tras de York e Norwich. Porén, no século XVIII, por mor do rápido crecemento de cidades coma Liverpool, Birmingham e Manchester durante a Revolución Industrial, acabou perdendo ese status.
Fai fronteira cos condados de Somerset e Gloucestershire e fica localizada próxima ás cidades históricas de Bath, ao sudoeste, e Gloucester ao norte. A cidade foi construída ao redor do río Avon e ten un pequeno litoral no estuario do río Severn, que desauga na Canle de Bristol.
Economía
Bristol é un núcleo industrial activo na industria aeronáutica e metalúrxica. Os seus princiais sectores económicos constitúeno a industria aeroespacial, a defensa, o sector financiero, o sector da comunicación, a tecnoloxía e o turismo. O seu porto, berce da cidade, ten conexión co de Avonmouth e Portishead, na canle de Bristol. [3]
Historia
É unha cidade nacida na época romana, e o comercio da lá situouna nunha das máis importantes poboacións medivais de Inglaterra. En 1.172 Dublín convértese na súa colonia. Nos séculos XIII e XIV o intercambio colonial potencia as súas redes industriais (lá, vidro, algodón, etc), e nós séculos XV e XVI foi a segunda cidade do reino.
O comercio colonial continúa a súa expansión no século XVIII, e a canalizacion do río Avon mellorará as condicións do porto. Mais no século XIX Bristol comeza a súa decadencia por mor da abolición da escravitude e relegando a condición de porto principal a Liverpool. No ano 1883, partiu dende Bristol o primeiro transatlántico con destino América, o Great Western.
Referencias
- ↑ ^ a b c d "Population estimates for UK, England and Wales, Scotland and Northern Ireland – current datasets" (ZIP). National Statistics Online. Office for National Statistics. Archived from the original on 2011-06-29. Retrieved 27 June 2010.
- ↑ ^ Bristol on Geody. Geody. Retrieved 1 January 2009.
- ↑ ^ "Bristol Today, a triving economy" Bristol City Council. Retrieved 14 March 2009.