Voyage au bout de la nuit: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Voyage au bout de la nuit''' é unha novela escrita polo autor francés Louis-Ferdinand Céline (1894-1961). Considerada la súa mellor y máis famosa novela, é unha o..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 23 de xullo de 2012 ás 21:54

Voyage au bout de la nuit é unha novela escrita polo autor francés Louis-Ferdinand Céline (1894-1961). Considerada la súa mellor y máis famosa novela, é unha obra cumio da literatura universal contemporánea, publicada por vez primeira en 1932 e que foi así mesmo a primeira novela na produción do autor.

A aparición de Voyage au bout de la nuit foi unha innovación literaria sen igual. A linguaxe oral, groseira e moi xergal escandalizou aos contemporáneos e foi moito máis lonxe ca escritores que intentaran antes ca el escribir usando este rexistro, como Émile Zola. A súa prosa, como a forma de abordar os temas, e os temas en si mesmos, é extremadamente violenta, amarga e quebradiza. O seu ritmo é salvaxe e acelerado, e nel repousa gran parte do mérito literario do autor. A linguaxe é viva, libre de todo tipo de formalidades, para escribir do modo máis expresivo posible.

Argumento

El libro é unha narración de trazos autobiográficos. O seu protagonista, Ferdinand Bardamu, alistado nun momento de estupidez no exército francés, e asqueado nas trincheiras da Primeira Guerra Mundial, decide desertar facéndose pasar por tolo, describindo toda sorte de personaxes pintorescos e o absurdo e a brutalidade da guerra. Tralo conflito e tras un noviazgo cunha estadounidense, Lola, vai parar nun barco no que o resto dos pasaxeiros o queren linchar, rumbo a unha colonia francesa en África; a descrición do sistema colonial francés é hilarante e sumamente crítica, vindo a dicir que o colonialismo francés ampara a pederastia e que todo se funda na explotación dos negros (recordando a Heart of Darkness, de Joseph Conrad). Unhas febres acaban con esa aventura e chega nun estado cercano á escravitude aos Estados Unidos. Escapa en New York, onde vive por un tempo e reencóntrase con Lola, á que extorsiona. Volve viaxar a Detroit, onde fai amizade cunha prostituta norteamericana, pero volve a París e exerce a medicina a pesar do asco que lle dá a súa clientela.