José Reino Caamaño: Diferenzas entre revisións

avogado e político galego
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
traduzo en parte de ca:José Reino Caamaño
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 20 de abril de 2011 ás 19:54

José Bernardo Reino Caamaño, nado en Mazaricos en 1882 en finado na Baña 1964. foi un avogado e político galego.

Traxectoria

Licenciado en dereito, foi xuíz de primeira instancia en Vilalba (1908), Lalín (1911) e Betanzos (1915). Foi presidente da Caixa de Aforros e Monte de Piedade e decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela. Publicou versos en castelán e galego na Revista Gallega[1] e El Umia. En 1923 foi elixido deputado polo distrito de Muros-Negreira nas Cortes Españolas pola fracción demócrata do Partido Liberal. Na Segunda República foi unha das figuras da Derecha Liberal Republicana en Galicia e foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 e polo Partido Republicano Conservador nas eleccións xerais de 1933, destacando pola súa condena á persecución relixiosa. Foi maxistrado da Audiencia desde 1933. Durante a Guerra civil defendeu en xuízo a algúns acusados polo franquismo, chegando a afirmar que os únicos rebeldes eran o que os xulgaban, razón pola que foi multado e tivo que permanecer escondido durante un tempo.[2]. Dende 1940 foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas