Gneis: Diferenzas entre revisións

Rocha matamórfica
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "thumb|Gneis thumb|Gneis ocelado. As manchas vermellas son concrecións de feldespato. O '''gneis''' é unha [[rocha metamó…"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 23 de marzo de 2009 ás 02:44

O gneis é unha rocha de gran groso que provén do metamorfismo dos granitos, e polo tanto, ten os mesmo minerais que este (cuarzo, feldespato e mica), mais cunha estrutura diferente, presentándose os minerais nos gneises en bandas, alternándose en fitas claras e escuras. É unha rocha que se atopa próxima a depósitos de lousa.

Gneis
Gneis ocelado. As manchas vermellas son concrecións de feldespato.

Tamén pode proceder doutras rochas ígneas, aparte do granito, que se coñecen como ortogneises; ou sedimentarias, chamándose paragneises. Tamén se poden adxectivar segundo a súa textura, como o gneis ocelado; ou segundo os seus compoñentes, gneis biotítico, moscovítico...

O gneis emprégase na construción para realizar chanzos, lastros, cachotaría, pavimentación, fabricación de brita ou uso ornamental, tendo en conta a súa peculiaridade xistosa que o converte nun material anisótropo, é dicir, que a forma de colocación na obra é fundamental (un gneis que reciba forzas externas paralelas ás súas bandas crebará máis rapidamente que se estas forzas fosen perpendiculares).