Benvido(a) 83.165.42.54 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.--Saúdos e grazas. Xan de ningures 02:43, 21 decembro 2008 (UTC)

Ola, usuario/a da IP 83.165.42.54. Nestes últimos días editaches varios artigos sobre a serie de novelas de Terry Pratchett. Teñen algúns problemas, e por iso lles puxen un marcador de atención. Os marcadores de atención non se deben borrar ata que os problemas que presentan os artigos se subsanen. Estes son os principais detalles que hai que corrixir.

  1. A lingua da Galipedia é o galego. Polo tanto, se esas novelas non están traducidas ao galego, deben respectar o seu título en inglés. É polo tanto Discworld, tanto no artigo como na categoría.
  2. Iso aplícase tamén a capítulos, personaxes, libros da serie, etc.
  3. Revisa a ortografía; os artigos están bastante mal redactados.
  4. Categorízaos.
  5. Lembra de buscar os demais artigos sobre ese tema nas outras wikis e engádeos (interwikis).
  6. Tenta darlle unha estrutura ordenada e coherente.
  7. Mételle ligazóns alí onde corresponda.
  8. Evita as opinións persoais.

Todo isto tampouco hai que facelo todo xunto, porque estás comezando e aprendendo, pero vaino intentando pouco a pouco. De acordo? Se tes calquera dúbida, podes preguntarme a min ou a calquera outro usuario da wikipedia. Ademais, para poder debater e facer comentarios, sería mellor que te rexistrases, aínda que non é imprescindible. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 18:12, 2 febreiro 2009 (UTC)

Moi boas, usuario:83.165.42.54. Vexo que tes unha longa rea de artigos creados e que colaboras con asiduidade. E digo eu, por que non te rexistras, aínda que non sexa imprescindíbel, e así os demais che temos máis a man e sabemos das túas inclinacións e cales obxectivos persegues na Galipedias e todas esas argalladas que satisfacen a curiosidade dos demais usuarios? Pois nada, tanto se te rexistras coma se non, parabéns polo abundante da túas colaboracións. Saúdos e aquí me tes para o que sexa.--Atobar 21:36, 19 marzo 2009 (UTC)

TetuánEditar

Boas, o artigo Tetuán, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 29 de febreiro de 2020 ás 22:04 (UTC)