Ceferino de Blas

escritor español
Revisión feita o 17 de maio de 2015 ás 09:03 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "{{Escritor |imaxe = |tamaño_imaxe = |descrición = |nome_completo = Ceferino de Blas García |data_de_nacemento = 24 de setembro...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Modelo:Escritor Ceferino de Blas García, nado en Cancienes, Corvera, o 24 de setembro de 1943, é un escritor e xornalista asturiano.

Traxectoria

Estudou no Seminario Metropolitano de Oviedo, Filosofía e Letras na Universidade Pontificia de Salamanca e a carreira de xornalismo na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid, titulándose en 1972, despois licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid.

Fixo prácticas en La Voz de Avilés e traballou en La Voz de Asturias. Foi delegado da axencia EFE en Asturias, redactor xefe e subdirector de La Nueva España, pertencente ao grupo Prensa Ibérica, e corresponsal en Asturias de El Periódico de Catalunya

Dende outubro de 1986 ata febreiro de 1994, dirixiu o diario Faro de Vigo,[1] pertencente, tamén, ao grupo Prensa Iberica, proseguindo despois como articulista[2] e autor de varios libros, distribuídos co xornal.

Está casado coa xornalista galega Marisa Real.

Obra bibliográfica

Notas

  1. "Faro de Vigo" (pp. 183-186) en: Vilavedra, Dolores (coord.): Diccionario da literatura galega II (Publicacións periódicas), Galaxia, Vigo, 1997, ISBN 84-8288-137-X.
  2. Vigencia y significado de la polémica sobre Vigo entre "El Coruñés" y Faro Faro de Vigo, 13/1/2010 (en castelán).

Véxase tamén

Ligazóns externas