Asdrúbal Fontes Bayardo

Asdrúbal Esteban Fontes Bayardo, coñecido como "Pocho", nado o 26 de decembro de 1922 en Pan de Azúcar, Uruguai, e finado o 9 de xullo de 2006 en Montevideo, foi un piloto de carreiras uruguaio.

Infotaula de personaAsdrúbal Fontes Bayardo
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1922 Editar o valor em Wikidata
Pan de Azúcar, Uruguai (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xullo de 2006 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUruguai Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de carreiras , piloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Durante a segunda metade de finais da década de 1950, Fontes Bayardo participou na serie altamente competitiva Fórmula Libre arxentina, que foi evolucionando aos poucos ata ser disputada cos regulamentos da Fórmula Un. Gañou a primeira carreira celebrada no circuíto do Pinar de Montevideo en outubro de 1956, co seu Maserati 4CLT propulsado por un motor Chevrolet V8, tamén gañou en Interlagos en novembro de 1957 co mesmo coche.

Viaxou a Europa en 1959 para participar no Gran Premio de Francia de 1959 coa Scuderia Centro Sud, pilotando un vello Maserati 250F, co cal non chegou a cualificar. Regresou a América do Sur, onde continuou na Fórmula Libre e tamén participou en carreiras de resistencia.

Na década de 1960 tiña un concesionario de Gneeral Motors en Pan de Azúcar, San Carlos e Maldonado, e director dunha empresa produtora de camionetas baseadas nas Opel en Pan de Azúcar baixo o nome de "Marina".[1] Máis tarde traballou para unha axencia asociada ao BSE (Banco de Seguros del Estado), unha gran corporación bancaria uruguaia..[2]

Bayardo morreu na súa casa en Montevideo en xullo de 2006.[3] O circuíto urbano de Piriápolis leva o seu nome.[4]

Resultado completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1959 Scuderia Centro Sud Maserati 250F Maserati 6 en liña MON 500 NED FRA
NSC
GBR ALE POR ITA USA NC 0

Notas editar

  1. "Autosuruguayos - Marina (Spanish)". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2008. Consultado o 16 de xaneiro de 2016. 
  2. "Where are they now?" at www.oldracingcars.com
  3. El Observador (Uruguay) - Death notices 11 xullo 2006.
  4. Asdrúbal "Pocho" Fontes, se denomina el Callejero de Piriápolis Arquivado 12 de febreiro de 2016 en Wayback Machine., Info Maldonado, 10 de novembro de 2011

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Alfredo Parga - "Historia Deportiva del Automovilismo Argentino".