Henry Cavendish
Henry Cavendish, nado en Niza o 10 de outubro de 1731 e finado o 24 de febreiro de 1810, foi un físico e químico británico. Como físico, é coñecido polo experimento de Cavendish (mediante o que posteriormente se determinou a constante da gravitación universal); e como químico, polo descubrimento do hidróxeno e da composición da auga.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de outubro de 1731 ![]() Niza, Francia ![]() |
Morte | 24 de febreiro de 1810 ![]() Londres ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Reino Unido ![]() |
País de nacionalidade | Reino de Gran Bretaña (–1801) Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda ![]() |
Educación | Peterhouse (en) ![]() Universidade de Cambridge Newcome's School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Física e química ![]() |
Ocupación | químico , físico , matemático ![]() |
Empregador | Reino Unido ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Charles Cavendish (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Frederick Cavendish (en) ![]() ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Parte da súa popularidade posterior deriva do seu singular carácter persoal (extremadamente reservado) e das múltiples anécdotas que balizan a súa biografía.
Traxectoria
editarMalia que nado en Francia, Cavendish foi fillo de pais británicos pertencentes á adiñeirada e respectada nobreza inglesa: Lord Charles Cavendish duque de Devonshire e Lady Ann Gray.
Aos 11 anos entrou a estudar na Escola de Newcome (en Hackney), ingresando aos 18 anos (1749) na Peterhouse, Universidade de Cambridge. Nesa época destacou por ser un alumno aplicado, calado, moi tímido, reservado e encerrado no seu mundo, os seus profesores adoitaban dicir que sempre estaba na lúa (supúxose que tiña a Síndrome de Asperger, aínda que en realidade se dedicaba a razoar e reflexionar sobre diversos temas científicos.
Cavendish é especialmente coñecido polas súas investigacións na química da auga e do aire, e polo cálculo da densidade da Terra.