María II de Inglaterra , nada o 30 de abril de 1662 e finada o 28 de decembro de 1694 foi raíña de Inglaterra , Escocia e Irlanda xunto co seu marido e curmán Guillerme de Orange , dende 1689 até a súa morte. Guillerme e María, ámbolos dous protestantes , convertéronse en rei e raíña reinante despois da Revolución Gloriosa , que significou a adopción da Declaración de Dereitos de 1689 e a deposición do seu pai católico Xacobe II e VII . Guillerme converteuse no único gobernante despois da morte de María en 1694.
A Súa Maxestade María II de Inglaterra Nome orixinal (en) Mary II Biografía Nacemento 30 de abril de 1662 (Xuliano) Palácio de St. James (pt) Morte 28 de decembro de 1694 (Xuliano) (32 anos)Palacio de Kensington Causa da morte Morte natural (Varíola )Lugar de sepultura Abadía de Westminster Raíña de Irlanda
13 de febreiro de 1689 – 28 de decembro de 1694 ← Xacobe II de Inglaterra – Guillerme III de Inglaterra → Raíña de Escocia 13 de febreiro de 1689 – 28 de decembro de 1694 ← Xacobe II de Inglaterra – Guillerme III de Inglaterra → Monarca de Inglaterra
13 de febreiro de 1689 – 28 de decembro de 1694 ← Xacobe II de Inglaterra – Guillerme III de Inglaterra → Raíña rexente
Datos persoais País de nacionalidade Reino de Inglaterra Relixión Protestantismo Actividade Ocupación aristócrata , raíña rexente , política , monarca Lingua Lingua inglesa e lingua francesa Outro Título Princesa Princesa consorte Queen of England (en) Familia Casa de Estuardo Cónxuxe Guillerme III de Inglaterra (1677–) Fillos child1 Stuart (en) , child2 Stuart (en) , child3 Stuart (en) Pais Xacobe II de Inglaterra e Ana Hyde Irmáns Ana de Gran Bretaña , Henrietta FitzJames (pt) , Luísa Maria Stuart (pt) , Isabel Stuart (pt) , James Fitzjames, Duque de Berwick (pt) , Henry FitzJames (pt) , Xacobe Francisco Eduardo Estuardo , Prince James, Duke of Cambridge (en) , Charles Stuart, Duke of Cambridge (en) , Charles Stuart, Duke of Cambridge (en) , Edgar, Duque de Cambridge (pt) e Charles Stuart, Duke of Kendal (en) Cronoloxía 11 de abril de 1689 coroación
Retrato feito por Sir Godfrey Kneller, 1690.
María exercía menos poder que Guillerme cando estaba en Inglaterra, cedendo a maior parte da súa autoridade nel, aínda que dependía en gran medida dela. Porén, actuou soa cando Guillerme estaba involucrado en campañas militares no estranxeiro, demostrando ser unha gobernante poderosa, firme e efectiva.
Véxase tamén
editar