Christophe Plantin

Christophe Plantin, tamén coñecido como Christoffel Plantijn en neerlandés, Christophorus Plantinus en latín, nado en Saint-Avertin, ca. 1520 e finado en Anveres o 1 de xullo de 1589, foi o principal impresor e editor europeo da segunda metade do século XVI, e iniciador do Officina Plantiniana ou Compás de Ouro, empresa familiar que se mantivo até o século XIX.

Modelo:BiografíaChristophe Plantin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. maio de 1520 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Saint-Avertin, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xullo de 1589 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Anveres, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Anveres
Leiden
París Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndeseñador tipográfico, University printer (en) Traducir, poeta, encadernador (pt) Traducir, impresor, editor, artista visual Editar o valor en Wikidata
EmpregadorPlantin Press (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJeanne Rivière Editar o valor en Wikidata
FillosMartina Plantin Editar o valor en Wikidata
ParentesFranciscus Raphelengius, xenro Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata
(la) Labore et constantia Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Allgemeine Deutsche Biographie
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1085772 WikiTree: Plantin-24

Xenial empresario, Plantin foi produto da situación política coa que sempre se mantivo escéptico. En todo momento, soubo adaptarse ás circunstancias, ó mesmo tempo padecendo as consecuencias e aproveitándose delas. Dende o punto de vista técnico e estético foi o máximo expoñente do renacemento flamengo na arte da imprenta, cumio das correntes alemá e francesa en tipografía, no gravado ilustrativo e no acabado artístico do libro.[1][2]

Plantin, dende as súas orixes humildes, expandiu o seu negocio por Europa: instalou unha filial en París en 1567; Franciscus Raphelengius, o seu xenro, continuou a imprenta que Plantin instalou en 1583 en Leiden; mantivo un axente en España; e posteriormente creou unha filial en Salamanca. Tamén mantivo intensas relacións comerciais con libreiros de Holanda, Flandres, Brabante, Inglaterra, Escocia, Francia, Alemaña, Suíza, Italia, Portugal e España.[3]

Home do seu tempo, e relacionado con numerosos intelectuais e eruditos, Plantin escribiu uns cantos poemas en francés de gran calidade, entre os cales destaca o soneto Le Bonheur de ce Monde; e prologou algunhas das súas edicións con dedicatorias a personaxes eminentes, poemas en latín cun estilo correcto pero demasiado formal.[4][5]

  1. Bécares Botas 1999: p. 33.
  2. No período de 1555 a 1589 o Compás de Ouro publicou máis de 1 500 títulos (Ziegert 1888).
  3. Sabbe 1926: pp. 62-63.
  4. Voet 1969-72: p. 134.
  5. Sabbe 1921

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar