Helena Anxelina Ducaina
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Helena Anxelina Ducaina (na súa lingua materna, Ελένη Αγγελίνα Κομνηνή Δούκαινα) tamén coñecida como Helena de Epiro, nada en 1242 e finada en Nocera Inferiore en 1271, foi a segunda esposa e raíña consorte de Manfredo de Sicilia.
Nome orixinal | (el) Ελένη Αγγελίνα Κομνηνή Δούκαινα |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1242 (Gregoriano) |
Morte | 14 de marzo de 1271 (28/29 anos) Nocera Inferiore (pt) |
Actividade | |
Ocupación | política |
Outro | |
Título | Rainha consorte de Sicília (pt) (1259–1266) |
Familia | Dinastía Comneno Ducas |
Cónxuxe | Manfredo de Hohenstaufen |
Fillos | Beatriz da Sicília (1260–1307) (pt) |
Pais | Miguel II Comneno Ducas e Teodora Petralifaina (pt) |
Irmáns | Ana Comnena Ducaina (pt) , Nicéforo I Comneno Ducas, João I Ducas (pt) e Demétrio Ducas Comneno Coutrole (pt) |
Traxectoria editar
Familia editar
Filla de Miguel II Ducas, gobernante do Despotado de Epiro, e de Teodora Petralifaina. Nalgunhas fontes o seu pai aparece designado como Miguel Angelo. Foi irmá de Nicéforo I Ducas, que sucedeu a seu pai no Despotado do Epiro, e media irmá por parte de pai de Xoán I Ducas,[1] gobernante de Tesalia. O seu avó paterno foi Miguel I Ducas, fillo ilexítimo de Xoán Ducas, quen foi o fillo máis vello de Constantino, o sétimo fillo do emperador bizantino Alessio I Comneno e Irene Ducas.
Matrimonio editar
Con dezasete anos, por mor duns acordos diplomáticos de seu pai, casou con Manfredo tras a morte da súa primeira esposa Beatriz de Savoia en 1257, subindo ao trono o 10 de agosto de 1258.
Manfredo era rexente do Reino de Sicilia desde 1254, reinando en nome do seu sobriño Conradino. Miguel II perdera a cidade de Durrës ante Teodoro II Láscaris do Imperio de Nicea en 1256. Manfredo reconquistou a cidade e os seus arredores dous anos máis tarde. Miguel II tiña aínda unha demanda territorial na cidade pero preparábase daquela para cercar Tesalónica.
A súa unión foi pensada para manter paz entre Epiro e Sicilia posto que Miguel II e Manfredo tiñan outras preocupacións máis perentorias. O seu dote incluíu todos os dereitos sobre Durrës (conquistada en 1256) e os seus arredores, xunto coa illa de Corfú. Corfú foi o único aumento territorial real para Manfredo. Non se tratou tan só dunha unión dinástica senón dunha alianza entre os dous reinos
Helena e Manfredo tiveron cinco fillos:
- Beatriz de Sicilia (1258 - antes de 1307).
- Federico de Sicilia (1259 - última mención en vida en 1312).
- Henrique de Sicilia (1260 - 31 de outubro de 1318).
- Enzio de Sicilia (1261 - 1301).
- Flordelis de Sicilia (1266 - última mención en vida en 1297).
O 26 de febreiro de 1266 Manfredo morreu na batalla de Benevento mentres loitaba contra o seu rival e sucesor Carlos de Anjou. Helena, xunto cos seus fillos e a súa cuñada Constanza Augusta, foron capturados e encarcerados por orde de Carlos pois nunha reuniñon habida, en xullo e agosto de 1266, co rei de Nápoles, este pretendía saber onde se atopaba a amante de Conrado IV, Antoinette de Marrone e o fillo bastardo do Emperador, mais Helena non respondeu. Daquela, foi encarcerada no castelo do Parque de Nuceria Christianorum, hoxe Nocera Inferiore, onde morreu tras cinco anos de cativerio.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- The Oxford Dictionary of Byzantium, Oxford University Press, 1991.
- John V.A. Fine Jr., The Latexa Medieval Balkans, Ann Arbor, 1987.
- D.I. Polemis, The Doukai, Londres, 1968.
- ↑ Xoán adoptara o apelido da súa avóa materna.