Publio Cornelio Escipión o Africano

Publius Cornelius Scipio Africanus Maior, nado en 235 a.C. e finado en 183 a.C., foi un famoso xeneral e político romano. É máis coñecido por derrotar a Aníbal e por isto é chamado Escipión o Africano.[1]

Publio Cornelio Escipión o Africano
Nacementoc. 235 a. C.
Lugar de nacementoRoma Antiga
Falecemento183 a. C.
Lugar de falecementoLiternum
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónpolítico da Roma antiga e militar da Roma antiga
PaiPublio Cornelio Escipión
NaiPomponia
CónxuxeEmília Tertia
FillosCornelia, Lucius Cornelius Scipio, Publius Cornelius Scipio, Cornelia Africana Major e Gnaeus Cornelius Scipio
IrmánsLúcio Cornélio Cipião Asiático
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Posúe o mesmo nome có seu pai pero é alcuñado o Africano. É mencionado por primeira vez como participante na batalla de Tesino. Despois de morrer seu pai e seu tío en Hispania, Publio Cornelio Escipión marchou á Península Ibérica para impedir un ataque de Aníbal. Chegou a finais do 210 a.C. e conquistou cun ataque sorpresa Qart Hadasht, cidade que foi rebautizada como Cartago Nova (Cartaxena), que era a base de operacións dos cartaxineses en Hispania. Nos seguintes tres anos expulsou os cartaxineses e fíxose co control político e territorial.

Anos máis tarde, tras moitos esforzos, convenceu ó senado para invadir Cartago e desembarcou en África no 205 a.C. aproximadamente. No 202 obtivo unha esmagadora vitoria sobre Aníbal na batalla de Zama, lugar situado preto do pobo de Naraggara. Esta derrota marcou o final da segunda guerra púnica. Aníbal fuxiu da cidade co permiso do goberno cartaxinés.

Máis de 10 anos despois, en Asia, venceu ó rei seléucida Antíoco III. Ó regresar a Roma os seus inimigos acusárono de aceptar subornos de Antíoco, pero foi absolto. Decidiu entón retirarse da vida pública e vivir na súa vila de Litercum. Morreu uns meses despois no 183 a.C.

Escipión o Africano é considerado o xeneral romano máis importante antes de Xulio César.

Notas editar

  1. "Quen foi Escipión Africano?". gl.eferrit.com. Consultado o 2022-08-06. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Spawforth, Antony; Hornblower, Simon (2008). Diccionario del mundo clásico. Colección: Referencia Crítica (en castelán). Barcelona: Crítica. ISBN 9788484325925. 

Outros artigos editar