Josephine Cochrane

inventora estadounidense

Josephine Garis Cochrane, nada o 8 de marzo de 1839 no condado de Ashtabula (Ohio) e finada o 14 de agosto de 1913 en Chicago, foi a inventora da primeira lavalouza automática con éxito comercial, que construíu xunto co mecánico George Butters.[1]

Infotaula de personaJosephine Cochrane

Josephine Cochrane nun selo postal de Romanía de 2013.
Nome orixinalJosephine Garis Cochrane
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1839
Condado de Ashtabula, Ohio, Estados Unidos de América Estados Unidos
Morte14 de agosto de 1913 (74 anos)
Chicago, Illinois, Estados Unidos de América Estados Unidos
Causa da morteDoença cerebrovascular (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstadounidense
Coñecido porInventar a lavalouza
Actividade
OcupaciónInventora
Familia
NaiIrene Fitch Garis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Garis-1 Find a Grave: 10185360 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Era filla de John Garis, un enxeñeiro civil, e Irene Fitch Garis. Tiña unha irmá, Irene Garis Ransom.[2] O seu avó materno John Fitch tamén foi inventor e tiña a patente do barco de vapor. Cochrane medrou en Valparaiso, Indiana, onde asistiu a unha escola privada até que esta foi calcinada polo lume.

Matrimonio e fillos editar

Despois de mudarse coa súa irmá á vila de Shelbyville en Illinois, casou con William Cochran o 13 de outubro de 1858, quen retornara tras probar sorte sen éxito na Febre do ouro de California.[3][4] Tiveron dous fillos, Hallie e Katharine Cochran.[5] Co tempo el fíxose un próspero home de negocios e político do Partido Demócrata dos Estados Unidos.

En 1870 trasladáronse a unha mansión e comezaron a organizar ceas e festas nas que dicían empregar un servizo de pratos chineses datados do 1600. Despois dun evento no que os criados trataron sen coidado os pratos facéndolles unha fenda, Cochrane comezou a buscar unha alternativa máis segura para lavalos.[6] Ela quixo sempre aliviarlles ás amas de casa a tarefa de lavar a louza despois das comidas.[7]

O seu home morreu en 1883 cando tiña 45 anos, deixándoa con numerosas débedas. Isto motivouna para desenvolver a lavalouza. Conservou o apelido de William, pero engadiu un "e" ao final trala súa morte.

As súas amigas estaban tan impresionadas coa súa invención que fixo lavalouza tamén para elas baixo o nome de "Cochrane Dishwashers". Máis tarde fundou a empresa de manufactura Garis-Cochran.

Morte e recoñecemento editar

Josephine morreu dun ictus en Chicago o 14 de agosto de 1913, e foi soterrada no cemiterio Glenwood en Shelbyville, Illinois.[8] En 2006 foi incluída no National Inventors Hall of Fame.[9]

Notas editar

  1. Cole, David John, Browning, Eve e Schroeder, Fred E. H. (2003). Greenwood Publishing Group, ed. Encyclopedia of Modern Everyday Inventions. p. 100. ISBN 978-0-313-31345-5. 
  2. Soylent Communications, ed. (2014). "NNBD tracking the entire world". Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  3. Forgotten Newsmakers: JOSEPHINE COCHRANE (1839-1913) Invented the Dishwasher
  4. "Engines of our Enginuity". 1999. Consultado o 10 de xaneiro de 2017. 
  5. "NNBD tracking the entire world". Consultado o 10 de xaneiro de 2017. 
  6. Sobey, Ed (1 de abril de 2010). Chicago Review Press, ed. The Way Kitchens Work: The Science Behind the Microwave, Teflon Pan, Garbage Disposal, and More. pp. 41–. ISBN 978-1-61374-307-2. 
  7. Eldis Group Partnership, ed. (2015). "Inventing the Dishwasher". Consultado o 10 de xaneira de 2017. 
  8. Cook's Info, ed. (1998). "Cook's Info". Consultado o 10 de xaneiro de 2017. 
  9. Invent.org (ed.). "Spotlight | National Inventors Hall of Fame". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.