Ulrich de Löwendal
Ulrich de Woldemar ou Ulrich de Löwendal, conde de Löwendal, nado o 6 de abril de 1700 e finado o 27 de maio de 1755, foi un nobre e militar de orixe dinamarquesa, mariscal de Francia.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (da) Ulrich von Löwendal ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de abril de 1700 ![]() Hamburgo ![]() |
Morte | 27 de maio de 1755 ![]() París, Francia ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Dinamarca Imperio Ruso Electorado de Saxonia Reino de Francia ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Militar, servizo militar e política ![]() |
Ocupación | político , militar ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua francesa e lingua alemá ![]() |
Carreira militar | |
Lealdade | Imperio Ruso ![]() |
Rama militar | Exército de Terra Francés ![]() |
Rango militar | Marechal de França (pt) ![]() Xeneral ![]() |
Conflito | Guerra de Sucessão da Polónia (pt) ![]() ![]() ![]() |
Outro![]() | |
Título | Conde ![]() |
Cónxuxe | Barbara Szembeck |
Parella | Marie-Jeanne Brillant (pt) ![]() ![]() |
Fillos | Constance de Lowendal (en) ![]() ( ![]() ![]() François Xavier Joseph de Lowendal (en) ![]() ( ![]() ![]() Grevinde Benedikta Antonina von Lövendal (en) ![]() ( ![]() ![]() ![]() |
Pais | Woldemar von Löwendal (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Hedevig baronesse Løvendal (en) ![]() ![]() ![]() |
Premios | |
![]() |
Traxectoria
editarNaceu en Hamburgo, fillo de Woldemar, barón de Löwendal, gran mariscal de Polonia, pertencía á casa de Holstein-Gottorp e estaba emparentado coa Casa Real dinamarquesa. En 1714 xa era capitán ó servir no exército imperial de Carlos VI. Loitou no exército dinamarqués contra os suecos e despois volveu ó exército imperial para loitar contra os turcos ás ordes do xeneral Uxío de Savoia (1716-1718) participando na batalla de Petrovaradin e nos sitios de Timişoara e Belgrado; combateu tamén contra os españois en Italia (1719), estivo ó servizo de Augusto II de Polonia quen lle deu o grao de mariscal de campo e inspector xeral da infantaría saxoa. Loitou contra os franceses no Rhin (1734) e no exército ruso contra os turcos (1739) e en Finlandia contra os suecos (1741-1743).
O mariscal Mauricio de Saxonia convenceuno para servir no exército francés co grao de tenente xeneral (1743), distinguiuse nos sitios de Menen e Ieper e na batalla de Fontenoy, onde estivo ó mando da reserva e cargou contra a columna inglesa á cabeza da brigada de Normandía, tomou deseguido Gante e diversas poboacións nos Países Baixos.
En 1747, a toma Berg-op-Zoom, que se tiña como inexpugnable, elevouno á dignidade de mariscal de Francia (17 de setembro de 1747). Foi membro de honra da Academia Real de Ciencias desde 1754 e o seu vicepresidente en 1755. Era tamén cabaleiro da Orde do Espírito Santo desde 1746.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Jean de Viguerie, Histoire et dictionnaire du temps des Lumières. 1715-1789, París, Robert Laffont, coll. Bouquins, 2003 ISBN 2-221-04810-5