Thomas Simon

medallista e gravador de moeda inglés

Thomas Simon, nado en Londres en 1618[1] e finado probablemente na mesma cidade en 1665, foi un medallista e deseñador e gravador de moedas inglés, cunha carreira vinculada á Real Casa da Moeda de Londres, na que ocupou o cargo de gravador xefe entre os anos 1645 e 1660.[2]

Infotaula de personaThomas Simon
Biografía
Nacemento1623 Editar o valor em Wikidata
Londres Editar o valor em Wikidata
Morte1665 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Londres Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Londres Editar o valor em Wikidata
Ocupacióngravador , medallista Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAbraham Simon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

En ocasións, traballaba como gravador sobre deseños creados polo seu irmán Abraham.[3][4][5] Nas súas obras adoitaba inscribir, a modo de marca de artista, as iniciais T. S, ou as abreviaturas THO ou SIMON F.[6]

Traxectoria editar

Simon era fillo de Anne Germain e de Peter Simon, unha familia procedente de Guernsey.[7][8]

En setembro de 1635 ingresou como aprendiz na Royal Mint, sita daquela na Torre de Londres, ás ordes do entón gravador xefe, Edward Green, e alí tamén recibiu as ensinanzas de Nicholas Briot.[7][8][9] En agosto de 1642, no marco da guerra civil inglesa, cando Simon estaba a piques de rematar a súa etapa de aprendiz, a Casa da Moeda, que estaba baixo o control do rei, foi tomada polo Parlamento, para satisfacción tanto de Green como de Simon.[10]

A/: Vitoria de Cromwell na Batalla de Dunbar (1650).[11]
R/: O Parlamento nunha soa cámara (1650).[12]

En 1645, á morte de Green, o Parlamento nomeou a Simon e a Edward Wade gravadores xefes de forma conxunta, con autorización para gravar non só as moedas senón tamén todas as armas e os selos reais.[8][13] Pola súa banda, Carlos I (1625-1649), que loitaba na guerra desde fóra de Londres, nomeou en paralelo a Thomas Rawlins para o mesmo posto. Durante o resto da guerra civil, a ceca mantivo a produción de moedas coa efixie do rei, e nesa época Simon dedicouse principalmente ao gravado de cuños para medallas, e en menor medida para moedas. Cando a finais de 1648 Edward Wade faleceu, Simon seguiu interinamente en solitario,[9] e a partir do 21 de abril de 1649 foi confirmado no seu cargo como único gravador xefe, pouco despois da execución de Carlos I.[10]

 
Primeiro selo da Commonwealth de Inglaterra (1651).[14]

O Parlamento tiña moito interese pola cuñaxe das novas moedas da Commonwealth de Inglaterra. Simon delegou a súa elaboración nos gravadores axudantes e as primeiras cuñaxes leváronse a cabo pola antiga técnica do martelo, mais o Parlamento encomendoulle a Simon que se reunise co enxeñeiro francés Peter Blondeau para organizaren novas emisións xa mecanizadas e cun mellor acabamento, á maneira das cuñaxes que se estaban a levar a cabo na Monnaie de Paris.[10]

Simon gravou o primeiro Gran Selo da Commonwealth de Inglaterra, en 1651,[8][13] e cando Oliver Cromwell se converteu en Lord Protector en 1653, a creación do novo selo recaeu novamente en Simon.[10] En 1651 consignóuselle un salario de 13 libras, 6 xilins e 8 peniques anuais como pagamento pola súa exclusividade para a creación de todas as medallas oficiais e de servizo público, á parte das 30 libras que percibía pola súa actividade como gravador xefe de moedas e de selos reais. Entre 1654 e 1656 creou, entre outros moitos, os grandes selos de Escocia e de Irlanda, así como os selos para os consellos inglés, escocés e irlandés, para os tribunais ingleses e para o almirantado.[8][13]

En 1656, Cromwell determinou o deseño e a cuñaxe de probas de novas moedas de ouro e de prata, e para iso contou con Simon como gravador e con Blondeau como enxeñeiro. Estas cuñaxes en proba, malia luciren a data de 1656, non se produciron ata 1657 e consideráronse un éxito, o que motivou que se encargase unha emisión ordinaria en 1658 para a súa posta en circulación. Mais logo do pasamento de Cromwell en setembro de 1658, a Commonwealth volveu ao antigo método de cuñaxe a martelo. Blondeau regresou a Francia e Simon ficou como gravador da Royal Mint.[10][17][18] Simon foi contratado tamén para modelar o rostro da efixie de Oliver Cromwell levada no seu cortexo fúnebre o 23 de novembro de 1658.[8][19]

Cando Carlos II (1660-1685) regresou a Londres en maio de 1660 desde o seu exilio nos Países Baixos, a continuidade no cargo de Simon non estaba garantida, xa que Carlos I nomeara a Rawlins como gravador xefe e Carlos II recoñecera tal nomeamento. Con todo, malia este recoñecemento, Simon non foi relevado como gravador e continuou ocupándose das novas moedas, xa a nome de Carlos II,[20] aínda que renunciando ás innovacións técnicas que caracterizaran as cuñaxes dos anos anteriores e retomando a cuñaxe a martelo.[10][17]

Broad de ouro de Carlos II (1660).[21]

Nesta etapa da restauración, o 31 de maio de 1661 Simon foi nomeado como un dos gravadores das armas, os escudos e os selos do rei, e o 2 de xuño de 1661 foi ascendido a gravador xefe encargado destes labores, cun salario de 50 libras anuais. Nestes anos seguiu coa preparación de selos privados do rei, e tamén outros como o da Orde da Xarreteira, o do Consello de Gales, o da Royal Society ou o Gran Selo de Xamaica.[8][19]

En maio de 1661 o rei ordenoulle a Simon a reintrodución da cuñaxe mecanizada na Real Casa da Moeda e, con tal m otivo, o 8 de novembro foi enviado a Francia para contratar novamente a Blondeau. Durante a estadía de Simon en Francia, Carlos II invitou os irmáns John e Joseph Roettier, dos Países Baixos, para que axudasen na preparación dos novos cuños, o que xerou friccións con Simon cando este regresou. Ante esta situación, o monarca convocou o 7 de febreiro de 1662 a Simon e os irmáns Roettier a prepararen modelos de moedas a partir dos cales elixiría posteriormente os gravadores para as novas emisións ao seu nome.[17][22] Os Roettier resultaron gañadores deste privilexio, o que implicou que Simons deixase de traballar na Casa da Moeda.[10][8][23]

 
Petition Crown (1663).[24]

Con todo, cando a principios de 1663 o rei solicitou que se fixesen modificacións sobre os cuños propostos polos Roettier, Simon aproveitou a ocasión para preparar unha nova proposta. Para tal efecto elaborou cuños para o anverso e o reverso cos que cuñou en proba unha moeda dunha coroa que incorporaba as modificacións requiridas polo rei, e que no canto incluía unha súplica: "Thomas Simon roga humildemente á Súa Maxestade que compare esta peza de proba coa neerlandesa e, se está mellor debuxada e repuxada, máis elegantemente ordenada e máis exactamente gravada, que a releve". Esta moeda é coñecida como a Petition Crown ("coroa da petición").[8][24][25][26] E cos mesmos cuños preparou unha nova cuñaxe —coñecida como Reddite Crown ("coroa Reddite"), en cuxo canto se lía REDDITE QUÆ CÆSARIS CÆSAR ("Dádelle ao César o que é do César").[27] Malia todo, o monarca non atendeu a curiosa solicitude se Simon.[10]

Perdida xa para Simon a súa condición de gravador xefe da Royal Mint, continuou traballando na ceca como gravador secundario de selos ao servizo do rei, ata a súa morte en 1665, probablemente producida por mor da epidemia de peste que tivo lugar ese ano.[7][10] No seu testamento deixou instrucións para que fose soterrado na igrexa de St. Clement Danes, en Londres, parroquia na que residía desde había moito tempo.[8][26]

Vida persoal editar

Thomas Simon casou con Elizabeth Fautrart, dunha familia de Guernsey, con quen tivo varios fillos.[4][26]

No seu testamento, Simon deixoulle ao seu fillo Samuel a granxa da que era propietario en Shorne, preto de Gravesend, Kent, e tamén os seus debuxos e as súas pinturas e medallas. Ao seu sobriño William —fillo do seu defunto irmán Nathaniel— deixoulle os seus punzóns e outras ferramentas de gravado. Pola súa banda, a viúva de Simon solicitoulle ao rei cara a 1669 a cantidade de 2.164 libras en concepto de pagamentos atrasados que se lle debían ao seu marido.[4][26]

Notas editar

  1. Aínda que durante un tempo houbo opinións diversas acerca do lugar e a data de nacemento de Simon (Londres ou Yorkshire; 1618 ou ca. 1623), Wetmore demostra documentalmente que naceu en Londres en 1618 e foi bautizado o 26 de abril dese ano. Véxase Whetmore, S. A. H. (1960). Páxinas 159-160.
  2. Chisholm, H. ed. (1911).
  3. Forrer, L. (1912). Páxinas 519, 531.
  4. 4,0 4,1 4,2 Wroth, W. W. (1885). Páxinas 267.
  5. Chisholm, H. ed. (1911). "Simon, Abraham". En Encyclopædia Britannica. Vol. 25 (11ª ed.). Cambridge University Press. Páxina 124.
  6. Forrer, L. (1912). Páxina 532.
  7. 7,0 7,1 7,2 Forrer, L. (1912). Páxina 519.
  8. 8,00 8,01 8,02 8,03 8,04 8,05 8,06 8,07 8,08 8,09 Wroth, W. W. (1885). Páxinas 266.
  9. 9,0 9,1 Craig, J. (1953). Páxina 151.
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 10,6 10,7 10,8 Sharples, J. "Thomas Simon, Engraver (1618-1665)". Museums Victoria Collections.
  11. "Oliver Cromwell, Commemorating the Victory at the Battle of Dunbar [obverse, 1650]". National Gallery of Art (NGA.gov).
  12. "Parliament Assembled in One House [reverse, 1650]". National Gallery of Art (NGA.gov).
  13. 13,0 13,1 13,2 Forrer, L. (1912). Páxina 520.
  14. Cassel, J. (1865). Cassell's illustrated history of England. Vol. III. Cassell Petter & Galpin, Londres. Páxina 312.
  15. "1 Broad - Oliver Cromwell". Numista.com
  16. "½ Crown - Oliver Cromwell". Numista.com
  17. 17,0 17,1 17,2 "Thomas Simon". Numista.com
  18. Tonner, R. "Coins of the English Commonwealth 1649 - 1660 ". Australian Numismatic Society.
  19. 19,0 19,1 Forrer, L. (1912). Páxina 521.
  20. Craig, J. (1953). Páxina 155.
  21. "1 Broad - Charles II Pattern". Numista.com
  22. Craig, J. (1953). Páxina 158.
  23. Forrer, L. (1912). Páxinas 521-522.
  24. 24,0 24,1 "1 Crown - Charles II Pattern 'Petition' Crown". Numista.com
  25. "Edge-lettered Petition Crown wows". En Numismatic News. 12 de marzo de 2018.
  26. 26,0 26,1 26,2 26,3 Forrer, L. (1912). Páxina 522.
  27. Reynolds, G. (2018). "The Most Famous Coins or Patterns in the History of Britain: The Petition Crown & Reddite Crown". En Coin Week. 3 de xaneiro.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Predecesor:
Edward Green
Gravador xefe da Casa da Moeda de Londres (Royal Mint)
1645 - 1660
Sucesor:
Thomas Rawlings