Lucio II, nado co nome de Gerardo Caccianemici dall Orso en Bologna e finado en Roma o 15 de febreiro de 1145, foi Papa da Igrexa católica de 1144 a 1145.

Infotaula de personaLucio II, papa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XI Editar o valor em Wikidata
Boloña Editar o valor em Wikidata
Morte15 de febreiro de 1145 Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
166º Papa
16 de marzo de 1144 – 15 de febreiro de 1145
← Celestino IIUxío III →
Cardeal
decembro de 1122 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Pontificios Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1144–), escritor , sacerdote católico , bibliotecario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrdem de Santo Agostinho (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónAlbéric d'Ostie (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
26 de setembro de 11431143 papal election (en) Traducir
14 de febreiro de 1130Eleição papal de 1130 (pt) Traducir
12 de decembro de 11241124 papal election (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lucio II

Traxectoria editar

Gerardo Caccianemici foi consagrado papa o 12 de marzo de 1144. Antes da súa elección foi cóengo en Boloña, ata ser nomeado cardeal da Santa Cruz de Xerusalén por Honorio II, para quen ocupou nun primeiro momento o cargo de tesoureiro e despois o de legado papal en Alemaña, cargo que tamén desempeñou baixo o pontificado de Inocencio II logrando que o rei Lotario III de Saxonia enviase dúas expedicións a Italia en apoio ao papa no seu enfrontamento co antipapa Anacleto II.

O feito máis relevante do seu curto pontificado foi o enfrontamento co movemento comunal encabezado por Arnaldo de Brescia que pretendía que o poder civil de Roma pasase do papa ao pobo romano e que tiña entre as súas medidas a recuperación do antigo lema Senatus Populusque Romanus (SPQR) tanto nos edificios coma nas moedas.

Temeroso deste recorte dos seus poderes, Lucio II decide disolver o Senado, o que provoca unha revolta popular encabezada por Giordano Pierleone, irmán do antipapa Anacleto II, que nomeándose patricio constitúe un novo Senado no Capitolio.

Lucio II solicita, en van, axuda ao emperador Conrado III polo que decide enfrontarse só, cun pequeno exército, contra o poder do Senado. No asalto ao Capitolio foi alcanzado por unha pedra que lle provocará a morte o 15 de febreiro de 1145.


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.