Esox (xénero)
Esox Rango fósil: Cretáceo inferior - Actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Lucio (Esox lucius) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||
Esox lucius Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Esox é un xénero de peixes osteíctios da orde dos esociformes, que é o tipo da familia dos esócidos.





As súas especies coñécense con nome vulgar xenérico de lucios.
Taxonomía
editarDescrición
editarO xénero foi descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[1][2]
Etimoloxía
editarO nome científico Esox é un termo do latín científico derivado do latín, e este do grego antigo isox, nome dun peixe, tirado dun nome céltico.[3]
Sinónimos
editarAdemais de polo nome actualmente válido, o xéner coñeceuse tamén polos sinónimos:
- Segundo o GBIF:[4]
- Kenoza Jordan & Evermann, 1896
- Luccius Rafinesque, 1810
- Lucius Garsault, 1764
- Lucius Geoffroy, 1767
- Lucius Klein, 1776
- Lucius Rafinesque, 1810
- LuciusWalbaum, 1792
- Mascalongus Jordan, 1878
- Picorellus Rafinesque, 1820
- Trematina Trautschold, 1884
- Segundo o WoRMS:[1]
- Luccius Rafinesque, 1810 (erro ortográfico)
- Lucius Garsault, 1764
- Lucius Rafinesque, 1810
- Lucius Klein, 1776
- Trematina Trautschold, 1884
Especies
editarNa actualidade, segundo o WoRMS, recoñécense no xénero as seguintes sete especies:[1]
- Esox americanus Gmelin, 1789
- Esox aquitanicus Denys, Dettai, Persat, Hautecoeur & Keith, 2014
- Esox cisalpinus Bianco & Delmastro, 2011
- Esox lucius Linnaeus, 1758
- Esox masquinongy Mitchill, 1824
- Esox niger Lesueur, 1818
- Esox reichertii Dybowski, 1869
Historia
editarAs especies ancestrais de Esox estiveron presentes en Laurentia (que máis tarde se convertería en América do Norte) e en Eurasia desde o Paleóxeno. As especies modernas son orixinarias do paleártico e o neártico, abarcando América do Norte e desde a Europa occidental até Siberia no norte de Asia.[5]
Características
editarOs lucios teñen a forma alongada, semellante a un torpedo, típica dos peixes depredadores, con cabezas acabadas en punta e dentes afiados. A súa cor adoita ser gris-verdosa, moteada ou con raias ao longo das súas costas, que lles subministran camuflaxe entre as herbas submarinas, e cada patrón de cada lucio é único. Poden medrar até unha lonxitude máxima rexistrada de 1,83 m, alcanzando un peso máximo rexistrado de 35 kg.[5]
O seu fociño é parecido ao dun pato. A aleta caudal e bifurcada; os raios das aletas caudais oscilan entren 40 e 50, xeralmente con 17 raios ramificados; sen espiñas. O corpo está cuberto por numerosos pequenas escamas cicloides. A súa liña lateral é completa. Presentan polo menos 8 poros na canle infraorbitaria. A columna vertebral está formada por de 43 a 67 vértebras.[5]
Os lucios son depredadores voraces, alimentándose dunha gran variedade de peixes e outros vertebrados.[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Esox Linnaeus, 758 no WoRMS. Consultado o 31 de xullo de 3022.
- ↑ Esox Linnaeus, 1758 na BioLib. Consultada o 31 de xullo de 2022.
- ↑ Esox no Merriam-Webster Ditionary.
- ↑ Esox Linnaeus, 1758 no GBIF. Consultado o 31 de xullo de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2008): "Esocidae" Arquivado 31 de xullo de 2022 en Wayback Machine. en FishBase.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esox |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Esox |
Bibliografía
editar- Joseph S. Nelson (2006): Fishes of the World. 4th ed. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons. ISBN 0-4712-5031-7.
Ligazóns externas
editar- Esox Linnaeus 1758 Arquivado 19 de maio de 2022 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Pike in Your Waters.