Esócidos
Esócidos Esocidae Lucios Rango fósil: Cretáceo tardío - Actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lucio (Esox lucius) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
A dos esócidos (Esocidae) é unha familia de peixes teleósteos dulciacuícolas, unha das dúas integradas na orde dos esociformes, que comprende actualmente un único xénero, Esox,[1][2] con sete especies coñecidas popularmente como lucios.
Taxonomía
editarDescrición
editar- Familia
A familia foi descrita en 1815 polo naturalista, meteorólogo e arqueólogo estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque,[1][2] na súa obra Analyse de la Nature ou tableau de l'univers et des corps organisés, publicada en Palermo.
- Xénero
O xénero fora descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[3][4]
Etimoloxía
editarO nome científico Esocidae está formado polos elementos Esoc- e -ĭdae. O primeiro é a raíz de esocis, xenitivo de esox, nome latino de Esox lucius, a especie tipo da familia, e o segundo é o sufixo do latín científico empregado para formar os nomes das familias de animais.[5]
Especies
editarNa actualidade recoéncense* no xénero as seguintes 7 especies:[3]
- Esox americanus Gmelin, 1789
- Esox aquitanicus Denys, Dettai, Persat, Hautecoeur & Keith, 2014
- Esox cisalpinus Bianco & Delmastro, 2011
- Esox lucius Linnaeus, 1758
- Esox masquinongy Mitchill, 1824
- Esox niger Lesueur, 1818
- Esox reichertii Dybowski, 1869
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Esocidae Rafinesque, 1815 no WoRMS. Consultado o 30 de xullo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Esocidae Rafinesque, 1815 na BioLib. Consultada o 30 de xullo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Esox Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultado o 30 de xullo de 2022.
- ↑ Esox Linnaeus, 1758 na BioLib. Consultada o 30 de xullo de 2022.
- ↑ Esocidae no Merriam-Webster Dictionary.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esócidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Esócidos |
Bibliografía
editar- Joseph S. Nelson (2006): Fishes of the World. 4th ed. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons. ISBN 0-4712-5031-7.