Esmerdis
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2020.) |
Esmerdis (en persa بردیا Bardiyā, tamén chamado Bardia ou Bardija), finado en -521, é o nome grego dun dos antigos reis de Persia da dinastía aqueménida.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Pasárgada, Irán (pt) |
Morte | 29 de setembro de 522 a. C. Pasárgada, Irán (pt) |
Causa da morte | ferida de arma branca |
Gran Rei | |
522 a. C. – 522 a. C. ← Cambises II – Darío I → | |
Rei de Reis | |
522 a. C. – 522 a. C. ← Cambises II – Darío I → | |
Faraón | |
522 a. C. – 522 a. C. ← Cambises II – Darío I → | |
Datos persoais | |
Relixión | Zoroastrismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Período de tempo | Antigo Exipto |
Outro | |
Título | Faraón |
Familia | Dinastía aqueménida |
Cónxuxe | Atossa Fedímia |
Fillos | Pármis () |
Pais | Ciro II e Cassandana |
Irmáns | Cambises II Roxane Atossa Artistona |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Granat Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) |
Traxectoria
editarO seu nome grego impúxose ao tradicional persa, debido en parte ás formas adaptadas ao grego polos autores clásicos desta cultura. Ctesias chámao Tonyoxarces (Pers. 8); para Xenofonte, quen recolle o seu nome de Ctesias, é Tanooxares (Cyrop. VI. 7); Xustino chámao Mergis (i. 9); e Esquilo, Mardos (Pers. 774). O nome Esmerdis ou Smerdis aparece así escrito nos poemas de Anacreonte e Alceo.
Esmerdis era o fillo máis novo de Ciro II o Grande, e irmán de Cambises II. De acordo con Ctesias, no seu leito de morte Ciro designouno como gobernador das provincias orientais do imperio persa (cf. Xenofonte, Cyrop. VI. 7). De acordo con Heródoto e co propio Darío I, sucesor de Esmerdis (tal como Darío mandou gravar na inscrición de Behistún), Cambises II, antes de partir en campaña contra Exipto, ordenou matar secretamente ao seu irmán Esmerdis, temendo que puidese intentar unha rebelión durante a súa ausencia. A súa morte non foi coñecida polo pobo, polo que na primavera do ano -522 un usurpador, pretendendo ser Esmerdis, se proclamou rei de Persia nas montañas próximas á cidade de Pishiyauvda.
Debido ao goberno despótico de Cambises e á súa longa estancia en Exipto, o pobo enteiro (persas, medos e o resto de nacións do imperio) recoñeceu ao usurpador, especialmente cando este autorizou a baixada dos impostos durante tres anos (Heródoto, iii. 68).
Decatado destes feitos, Cambises emprendeu a marcha desde Exipto contra o usurpador, pero comprobando que non quedaban esperanzas para a súa causa, acabou suicidándose na primavera do ano 521 a.C.. Segundo nos conta o propio Darío, o verdadeiro nome do usurpador era Gaumata, un sacerdote mago de Media; este nome foi preservado por Xustino (i. 9), pero adxudicado ao irmán do usurpador, quen é sinalado como o verdadeiro instigador da intriga, e o cal recibe á súa vez o nome de Oropastes (Patizeithes segundo Heródoto; segundo Ctesias, Sphendadates ou Esfendádates).
A historia do falso Esmerdis é narrada por Herodoto e Ctesias de acordo coa tradición oficial, recollida na inscrición de Behistún; antes de morrer, Cambises confesou publicamente o asasinato do seu irmán, polo cal a fraude do usurpador que se facía pasar por Esmerdis quedou ao descuberto. Pero, como nos conta Darío, ninguén se atreveu a opoñerse ao usurpador, quen gobernou todo o imperio durante sete meses. Algúns contratos que datan do seu reinado foron achados en Babilonia, nos que aparece o nome Barziya. A inscrición de Darío explica que o falso Esmerdis destruíu algúns templos (que Darío mandou reconstruír máis tarde, durante o seu reinado), e trasladou as casas e rabaños de moitas xentes (Inscrición de Behistún, i. 14), o cal provocou un gran malestar entre os pobos do imperio.
Realmente non hai forma de comprender esta situación de forma satisfactoria, nin entender todos os incidentes relacionados con esta usurpación, se é que en verdade se produciu, aínda que os intentos dos autores modernos por demostrar que o personaxe de Gaumata foi en realidade o xenuíno Esmerdis e Darío o verdadeiro usurpador (xustificando a súa rebelión ao crear a figura dun usurpador previo, tal como narra a inscrición de Behistún) non tiveron éxito ata a data.
Desde entón, o reinado de Gaumata foi considerado como de infausto recordo, e a súa morte foi anualmente celebrada en Persia cunha festa denominada O asasinato do mago, na cal ningún mago tiña permiso para mostrarse como tal (Heródoto, 79 Ctes. Pers. 15).
Ao ano seguinte da caída do usurpador, outro pseudo-Esmerdis, chamado Vahyazdgta, se alzou contra Darío en Persia oriental, ao principio con bastante éxito. Con todo, foi finalmente derrotado, capturado e executado (Inscrición de Behistún, 40). Quizais se trate do personaxe identificado como o rei Marafis o Marafiano (nome dunha tribo persa), quen é nomeado na lista de reis persas ofrecida por Esquilo (Pers. 778).
Imperio Persa | ||
---|---|---|
Segue a: Cambises II |
Esmerdis | Precede a: Darío I |
Dinastía Aqueménida |