Ese oscuro objeto del deseo

filme de 1977 dirixido por Luis Buñuel

Ese oscuro objeto del deseo (en francés: Cet obscur objet du désir) é un filme franco-español de 1977 dirixido por Luis Buñuel. Foi o derradeiro filme dirixido por Buñuel antes da súa morte en xullo de 1983.[1][2] O filme foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 50ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.

Ese oscuro objeto del deseo
Cet obscur objet du désir white logo.png
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalEse oscuro objeto del deseo
DirectorLuis Buñuel
ProdutorSerge Silberman
Guión
Baseado enLa Femme et le Pantin de Pierre Louÿs
Intérpretes
FotografíaEdmond Richard
MontaxeHélène Plemiannikov
Estudio
  • Greenwich Film Productions
  • Les Films Galaxie
  • InCine
Distribuidora
  • GEF-CCFC (Francia)
  • InCine (España)
Estrea17 de agosto de 1977
Duración102 minutos
OrixeEspaña España
Flag of France.svg Francia
XéneroComedia e drama

ArgumentoEditar

Durante unha viaxe en tren, Mathieu Faber conta aos seus compañeiros de compartimento a súa historia sentimental con Conchita, unha sedutora muller á que tratará de conquistar. Non obstante, ela sempre consegue eludir os seus amoríos, a pesar de darlle esperanzas.

PersonaxesEditar

PremiosEditar

O filme non foi un éxito financeiro, mais si de crítica, recibindo candidaturas ao mellor filme estranxeiro tanto nos Globos de Ouro como nos Óscar, en que tamén recibiu unha candidatura ao mellor guión adaptado.[3] O National Board of Review[4] e a Los Angeles Film Critics Association concedéronlle o premio ao mellor filme en lingua estranxeira en 1977 e Luis Buñuel foi considerado o mellor director polo National Board of Review[4] e os premios da National Society of Film Critics. Foi tamén candidato aos premios César.

NotasEditar

  1. IMDb (ed.). "That Obscure Object of Desire (1977)". Consultado o 19 de xuño de 2011. 
  2. AllMovie (ed.). "That Obscure Object of Desire (1977)". Consultado o 4 de abril de 2018. 
  3. "The 50th Academy Awards (1978) Nominees and Winners". Oscars.org. Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Consultado o 1 de abril de 2012. 
  4. 4,0 4,1 "1977 Award Winners". National Board of Review of Motion Pictures. 2019. Consultado o 18 de agosto 2019. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar