Filmes propostos ó mellor filme internacional na 50ª edición dos Óscar

artigo de listas da Wikimedia

Os seguintes 24 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 50ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación da Francia, Grecia, Israel, Italia e España. O galardón recaeu sobre Francia, co filme La Vie devant soi dirixido por Moshé Mizrahi.[1]

Moshé Mizrahi, director do filme gañador.

Irán, Marrocos e Venezuela presentaron os seus filme por primeira vez.

Propostas editar

País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
  Alemaña Occidental Der amerikanische Freund Alemán Wim Wenders Non nomeado
  Alemaña Oriental Mama, ich lebe Alemán Konrad Wolf Non nomeado
  Arxentina ¿Qué es el otoño? Castelán Daniel Portela e David José Kohon Non nomeado
  Austria Ich will leben Alemán Jörg A. Eggers Non nomeado
  Bélxica Rubens, schilder en diplomaat Neerlandés Roland Verhavert Non nomeado
  Brasil Tenda dos Milagres Portugués Nelson Pereira dos Santos Non nomeado
  Canadá J.A. Martin photographe Francés Jean Beaudin Non nomeado
  Dinamarca Drenge Dinamarqués Nils Malmros Non nomeado
  España Ese oscuro objeto del deseo Francés e castelán Luis Buñuel
Nomeado
  Francia La Vie devant soi Francés Moshé Mizrahi Premio da Academia
  Grecia Iphigenia Grego Michael Cacoyannis
Nomeado
  Hungría Herkulesfürdöi emlék Húngaro Pál Sándor Non nomeado
  India Manthan Hindi Shyam Benegal Non nomeado
  Irán The Cycle Persa Dariush Mehrjui Non nomeado
  Israel Operation Thunderbolt Hebreo e inglés Menahem Golan
Nomeado
  Italia Unha xornada particular Italiano Ettore Scola
Nomeado
  Marrocos Noces de sang Francés Souheil Ben-Barka Non nomeado
  México Pafnucio Santo Castelán Rafael Corkidi Non nomeado
  Países Baixos Soldaat van Oranje Neerlandés Paul Verhoeven Non nomeado
  Polonia Barwy ochronne Polaco Krzysztof Zanussi Non nomeado
  Suecia Mannen på taket Sueco Bo Widerberg Non nomeado
  Unión Soviética Voskhozhdenie Ruso Larisa Shepitko Non nomeado
  Venezuela El Pez que fuma Castelán Román Chalbaud Non nomeado
  Xapón Mt. Hakkoda Xaponés Shiro Moritani Non nomeado

Notas editar

  1. oscars.org (ed.). "The 50th Academy Awards (1978) Nominees and Winners". Consultado o 1 de abril de 2012.