Escudo de Costa do Marfil

O escudo de Costa do Marfil, na súa versión actual, foi adoptado no ano 2011.[Cómpre referencia] Na parte central do escudo figura a cabeza dun elefante africano. Este animal é un símbolo destacado do país, é animal de maior tamaño que hai nas súas terras, ademais de ser fonte de marfil, recurso que deu nome a este lugar. Na parte superior do escudo está representado o sol nacente, o símbolo tradicional dun novo comezo. Como sustentadores do escudo figuran dúas palmeiras. Na parte inferior figura a denominación oficial do país en francés, "Republique de Cote d' Ivoire", escrita nunha fita.

Escudo de Costa do Marfil
Detalles
ArmigerCosta do Marfil
Adoptado1964
2011
EscudoDe sinople, cabeza de elefante de prata[1]
AlicerceDúas palmeira de ouro
DivisaRépublique de Côte d'Ivoire
Versións anteriores1960, 2000 e 2001
UsoPresidencia da República

Escudos históricos editar

A cabeza de elefante é un sinal xa usado a partir da independencia, en 1960. Naqueles tempos o escudo era de azur, cunha cabeza de elefante de prata, timbrado co sol nacente e rodeado por unha serie de bandeiras nacionais, con dúas árbores estilizadas de ouro como soportes. En 1964 estas árbores esquemáticas foron substituídas por unhas palmas, tamén de ouro, e o campo pasou a ser de sinople. En 1997 volvéronse cambiar as cores, pero a composición básica continuou sendo a mesma.

Escudo Período
  19601964
  19642000
  20002001
  20012011
  Actual

Notas editar

  1. Portail officiel du Gouvernement de Côte d'Ivoire (ed.). "Respect des sympoles de la République" (en francés). Consultado o 8 de abril de 2014. [...] L’éléphant est toujours en argent sur les armoiries de la République de Côte d'Ivoire. [...] Le bouclier, qui est l’écusson, est vert ; les deux palmiers en or, le soleil levant en or ; le bandeau sur lequel est marqué République de Côte d’Ivoire est en or également, l’éléphant et le groupe de mot “République de Côte d’Ivoire’’ en argent, comme je l’ai dit tantôt [...] 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar